Páginas

24/6/19

A Casa dos Parada, Porto Quintela


Dende a Baixa Limia José Luis Álvarez López facilítame a maneira de atopar datos sobre esta fotografía que forma parte do interesante arquivo do amigo Miro Martinez Cerredelo; con moito gusto compártoos con todos vós e que siga rendendo o exemplo.
Ourensenotempo está aberto a todas as vosas colaboracións que son de agradecer. 


Fotógrafo Desconocido 
Circa 1947??
LADE1947000484
A Casa dos Parada
Papel fotográfico, Archivo de Edelmiro Martinez Cerredelo

 Detalles:  DESFEITAS BANDE en Porto Quintela

   Os máis mozos do concello naquela época aínda recordaredes con morrilla os almacéns "Gran comercio dos de Parada", un dos moitos negocios que se levou o pantano daquel enclave comercial do Val do Limia.
   Este edificio emblemático, non así outros, foi salvado ao ser trasladado pedra a pedra do lugar no que se atopaba, ao lado da alameda de Porto Quintela, xunto á fonte. 

Eiqui tedes unha perfecta descripcíón recollida nun blog que tenta recuperar a memoria historica daquelas terras.
A CASA “DOS DE PARADA”
“Para describr a casa dos Parada contamos coa información achegada por Lisardo González [quem trabalhava como dependente no comércio] e por unha veciña de Porto Quintela.
O edificio do comercio era unha construcción de pedra que constaba de planta baixa e piso superior. Estaba situado entre os puntos quilométricos nº 50 e 51 da vella estrada N-540 de Ourense a Portugal, na confluencia coa ponte do poldrado, actualmente cuberta polas augas do encoro das Conchas, que unía Porto Quintela co concello de Muiños.
A fachada norte consta dunha planta baixa duns tres metros e medio de alto dedicada a comercio e dunha planta superior para vivenda. O comercio preséntase ó público con tres portas de entrada cara á estrada e con outra porta cara o oeste, que daba cara a unha praza ou toural. A distribuición espacial interior do comercio, duns 14 metros de longo por 3.5 de ancho, responde a un deseño común na zona. Consta dun mostrador central de madeira en forma de U invertida e longa que rodea a zona de clientes. Máis para dentro está o corredor dos vendedores e as catro paredes están cubertas por estantes para as mercadorías.
De acordo coa distribución máis común, entrando á esquerda sitúase a zona de ultramarinos, depois a de bazar. Na parte frontal estaría a zona de tecidos, calzado e confección. Na zona dereita sitúase un escritorio resgardado cunha cristaleira translúcida. Nos distintos tramos e parede que rodean as portas de entrada había mantas e outros artigos. No tramo medio do mostrador, algo á esquerda, hai un paso que comunica a zona de clientes coa de vendedores. Esta entrada pódese tapar cunha portiña vertical e con outra horizontal, o que permite darlle continuidade ó mostrador. Preto deste paso está a caixa de cobros. Nos estremos da parede sur dúas portas comunican cun corredor traseiro paralelo que da a dúas cociñas e outras dependencias. Nos estremos deste corredor traseiro hai escaleiras que soben ata a planta superior e portas permiten saír ó exterior”.

Pra seguir a leer datos e historias desta casa. Clic Eiquí

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Le agradeceria que en vez de dejar aqui su comentario, me envie un mail al correo del blog ourensenotempo@hotmail.com.
De ese modo podria contestarle.
Gracias