Un dos meus primeiros colaboradores, Norberto Tabares envíame dúas novas xoias do seu álbum fotográfico, esta vista do Ourense de 1957 que hoxe comparto convosco, e outra que veremos noutra ocasión e que me serviu para situar unha vella e interesante fotografía de 1900, pero iso será noutra ocasión; hoxe imos darlle voltas a esta orixinal vista da cidade.
O propio Norberto dáme os datos básicos da fotografía, así que ¡traballo feito!
Observarás que a panorámica está datada no ano 1957 e aínda non se construirá a torre de Ourense. Na foto pódese ver o portalón da entrada principal, a leira estaba dedicada a viñedo e tiña varias casas no seu interior, xunto a unha enorme adega con gran cantidade de cubas. A gran pena é que a vista non permite ver o famoso piñeiro de Santa Mariña que tiña máis de 100 anos e un enorme perímetro….
Pregúntame Norberto se teño algunha fotografía desa gran árbore, e por desgraza no meu arquivo non teño ningunha; se algún de vós tena, agradeceríalle que me facilitase unha copia dixital.
Grazas de antemán.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Le agradeceria que en vez de dejar aqui su comentario, me envie un mail al correo del blog ourensenotempo@hotmail.com.
De ese modo podria contestarle.
Gracias