Equipo da Praza do Ferro, En pé de esquewrda a dereita: Pepin- Tito Mena-Jorge-Richard-Paco Llamas- Victor Agachados Juan Antonio- Ellacuriaga- Mariano-Rafa Carrasco |
Comentábavos onte que hoxe reúnense os veciños da rúa da Paz nunha
xornada festiva, que permita reavivar os recordos e botar unhas risas. Un dos
motivos que empuxan aos veciños a organizar a reunión, probablemente sexa que
nos últimos tempos estanse perdendo os sons do onte.
Non é posible recuperar a Rey Custodio
practicando coa guitarra na porta da súa barbería, nin os afinados acordes
que saían das fiestras da escola musical dos CasasNovas, si seica poderiamos
intentar recuperar o son dun daqueles vellos gramófonos "La Voz de tu amo" que como autenticas
xoias vendíanse no “Cronometro” de don Odilo; pero o que sen dúbida sería
posible revivir son os momentos de diversión e moitas risas que reinaban na
zona no pasado.
Préstame o amigo Víctor J. Álvarez estas dúas
xoias que mostran como llas gastaban daquelas os rapaces da rúa da Paz e a
Praza do Ferro.
Como vedes chegaron a ter un equipo de futbol perfectamente
uniformado.
Ogalla que sigan organizándose estas estupendas
reunións e consigamos recuperar estes belos recordos do pasado que poden ser
aliciente pra colaborar a humanizar a nosa
cidade.
Los chicos de la calle de la Paz de carnavales en el Padre Feijoo (60´s) |
Vémonos esta tarde
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Le agradeceria que en vez de dejar aqui su comentario, me envie un mail al correo del blog ourensenotempo@hotmail.com.
De ese modo podria contestarle.
Gracias