Vista parcial ,Pelamios Mayo do 1965 cedida por Lisardo Mazaira |
Por aqueles anos, o barrio da "Ponte Pelamios" comprendía as rúas actuais de Carriarico, Aturuxo, Camelias, Estreita e a mesma Ponte Pelamios de hoxe.
Tamén se coñecía iste barrio polo nome do "Barrio Chino", que tiña unha connotación que a moitos non lle gustaba nada por a confusión que creaba, pero que tiña unhos orixes inocentes, según se relata de seguido: Na casa número 2 da actual Rúa Ponte Pelamios, unha das primeiras casas do barrio, vivía un señor que lle chamaban de mote "O Chino", porque se asemellaba moito a un oriental de verdade, e a xente empezou a chamarlle o Barrio do Chino, e así, pouco despois, e por comodidade, que non por maldade, quitaronlle o "do" e quedou en "Barrio Chino", e en Ponte Pelamios so para os carteiros.
Os Límites do Barrio marcabaos por o Norte a veciña Villa Valencia, por o Oeste as fincas que mediaban entre o barrio e a Avenida de Portugal e por o Sur e por o Este co límite natural do Río "Barbaña", que daquela tiña toda clase de fauna e mesmo tamén tiña "Anguias".
O topónimo "Pelames"/"Pelamios" (moi difundido en Galicia e Portugal) aparece: na toponimia urbana de pendor medieval, en zonas xunto dunha liña de auga; en localidades cuxas condicións hidrográficas favorecían a actividade dos curtumes; asociado a "fonte" ou "ponte", como indica a presenza do fío de auga que permitiu a instalación e funcionamento desta industria.
Pelames ou "Pelamios" eran tanques, Pías ou sumideiros onde eran somerxidas as peles en auga e cal para macerar e eliminar o pelo; tanques para curtido de coiros e peles. O seu contido fluía moitas veces para as hortas espallando pelo, malos cheiros e mesmo enfermidades nocivas.
A desaparición desta industria artesanal fixo esquecer o significado da palabra que nomeaba iste Barrio daquela e que hoxe nomea unha Rúa da zona.
Guillermo recorda tamén a moitos dos seus veciños daqueles anos, e ao presentalos comprobamos que todos eran xente de clase traballadora; a moitos deles encantaríame poder invitalos a unha charla para que tamén me conten os seus recordos.
Así saberiamos detalles do colexio Cisneros, contados por Carmen e Guillermo, Lucita falaríame das historias do bar Túnel naqueles tempos que polo que sei era un centro de "negocios" da cidade, (os tratantes de gando adoitaban reunirse alí pola comodidade que supoñía coller o autobús no mesmo local para regresar ao pobo), o Sr. Antonio contaríame os chismes que circulaban polo Hotel Miño naqueles días. O Sr. Clemente traeríame recordos da miña infancia, de cando con catro e cinco anos xa era "cliente" da sua librería en Progreso.
Todos serian para min unha perfecta fonte de información, tenderos, militares, funcionarios ata un sacerdote vivía no barrio da Ponte Pelamios
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Le agradeceria que en vez de dejar aqui su comentario, me envie un mail al correo del blog ourensenotempo@hotmail.com.
De ese modo podria contestarle.
Gracias