"Para a miña nai, que tantas veces participou na procesión dos Caladiños."
A MODO DE
INTROITO
Hai
unhas semanas comezou a emitirse na primeira canle da TVE unha nova serie que
está a ter moito éxito, titúlase “El Ministerio del Tiempo”. Trátase dunha
atractiva proposta na que se nos convida a viaxar no tempo para coñecer os máis
representativos momento da nosa historia. Tendo en conta os días en que nos
atopamos, resultaría interesante utilizar os servizos dese Ministerio para facer
unha especie de viaxe no tempo que nos situara a finais de marzo de 1929 para
ver coma os nosos devanceiros celebraban a Semana Santa nesa altura. A falta de tan peculiar Ministerio quédanos a opción
máis realista de mergullármonos nas páxinas amareladas polo tempo dos xornais
locais La Región e La Zarpa.
XOVES SANTO: OS MONUMENTOS E O LAVATORIO DE PÉS.
Despois do Domingo de Ramos, os actos máis relevantes
da Semana Santa tiñan lugar entre o Xoves Santo e o Domingo de Pascua.
O Xoves Santo foi día de visitas aos Monumentos. A
catedral, igrexas parroquiais e capelas da cidade competían en cantidade e
calidade de ornamentos, flores e iluminación. Os numerosos fieis dedicaban o
xoves e a mañá do venres a visitar estas fermosas composicións artísticas.
Tamén participaron nestas visitas, segundo La
Región do venres 29 de marzo,
... las autorizades y fuerzas de Cazadores, Carabineros
y Guardia Civil. Éstas vestían de gala con pantalón blanco.
El ilustrísimo señor Obispo, al que seguían los alumnos
del Seminario...
O bispo de Ourense, monseñor Florencio Cerviño
González, participou na cerimonia de lavatorio dos pés.
Por la tarde, a las tres, el ilustrísimo y
reverendísimo señor Obispo lavó los pies a doce pobres, teniendo lugar tan
conmovedora ceremonia en las naves del Rosario de la Santa Iglesia Catedral,
con asistencia del Cabildo.
A nota curiosa da xornada está a cargo das mulleres
con mantilla española.
La airosa y elegantísima prenda, rimaba muy bien con
los encantos de nuestras mujeres, que cruzaban las calles de la ciudad ante la
creciente admiración de público, y envueltas en los madrigales más sentidos y
galantes.
¿Nombres? Ahí van unos cuantos: Señoritas de Ochoa,
Torres Pintos, Torre, Porto Veiras, Meruéndano, Quirós, Elices, Álvarez Saenz,
Romero Romasanta, Valcarce, Nóvoa, Gallego, Núñez de Couto, Cid y otras muchas.
Baste decir que pocas veces la mantilla española
acariciaría rostros tan bellos como los que en la tarde de ayer supieron
adornarse con esa prensa tan airosa y tan nuestra.
Ourensana con mantilla española en los sesenta |
Tanto La Región
como La Zarpa dos días seguintes
dan ampla conta dos actos celebrados en Ourense o Venres Santo. Deste xeito
coñecemos que comezaron ás seis da mañá na Catedral co Sermón da Paixón,
continuando cos oficios do día, a Adoración da Cruz e a procesión do Santísimo
polo interior do templo. Xa pola tarde, na capela do Santo Cristo, tivo lugar o
Sermón da Agonía, presidido polo bispo e coa presenza do Cabido. A continuación
rezáronse Completas, Laudes e Matíns, executando a Capela as Lamentacións e o
canto gregoriano.
Ás seis da tarde comeza a procesión do Santo
Enterramento dende a igrexa de Santa María Nai, organizándose na Praza da
Constitución (actual Praza Maior). Abría a marcha un pelotón de cabalaría da
Benemérita, ao que seguía a Cruz e as insignias da Venerable Orde Terciaria, a
furna que gardaba o corpo do Señor levado por sacerdotes e escoltada por forzas
da Garda Civil con armas á funeraria. A continuación, e por esta orde, a Schola
Cantorum do Seminario dirixida polo mestre de capela D. Agustín Rodríguez
Iglesias, a banda municipal, a imaxe da Dolorosa escoltada por forzas de
Carabineiros, o señor Bispo co Cabido da Catedral, gobernadores civil -Vicente
Rodríguez Carril- e militar -Rubín de Celis-, alcalde accidental - Jesús Soria
González- presidente da Deputación -Aureliano Ferreiro Carballo-, tenentes de
alcalde -Sr. Rodríguez García e Sr. Perille Garra- e concelleiros. Pechaba a
marcha unha compañía do batallón de Cazadores de Mérida con música baixo o mando do capitán
Enríquez.
O percorrido da procesión foi: Praza da Constitución
(actual Praza Maior), Lamas Carvajal, Isabel la Católica (Eugenio Montes ou Padre
Feijóo, que se chamaba antigamente Isabel la Católica), San Miguel (a parte
inferior, actual Cruz Vermella), Progreso, Luis Espada (actualmente Alejandro
Outeiriño e Cardeal Quiroga), Praza do Ferro, Lepanto, Catedral, entrando pola
porta Norte e saíndo pola porta Sur cara á praza do Trigo, Modesto Fernández e
Praza da Constitución. Tódolos balcóns do traxecto aparecían engalanados con
bandeiras e colgaduras.
En relación co acompañamento musical, o xornal La Zarpa do domingo 31 de marzo relata:
El orfeón “Unión Orensana” en los jardinillos del Padre
Feijóo y en la Plaza Mayor [sic]
cantó: “In adoratione Crucis” del maestro Victoria [baixo a dirección do
mestre Florián Coba].
Ás nove da noite, despois do
Sermón na parroquia da Santísima Trindade, púxose en marcha, dende a Praciña do
Topete (actual Saco y Arce), a procesión da Soedade, máis coñecida como dos
Caladiños polo silencio en que se desenvolve, tanto por parte da gran cantidade
de mulleres que participan na mesma coma dos homes que a presencian. O seu
percorrido foi o seguinte: Praciña do Topete, rúas da Liberdade, Primavera,
Cisneros, Unión, Fornos, Praza do Ferro, Paz, Santa Eufemia, Lamas Carvajal,
Praza da Constitución, Modesto Fernández, Praza do Trigo, Cisneros, Liberdade,
Praciña da Leña (actual Sueiro) e Padre Feijóo, para recollérense na Trindade.
Segundo La Zarpa,
Frente al local del coro “De
Ruada” en la calle de Lamas Carvajal [en realidade
Pereira, actual avenida de Pontevedra, facendo esquina coa praza Maior], se
detuvo la imagen de la Dolorosa entonando una plegaria titulada “La Soledad de
María” de la cual es autor el director del coro don Daniel González,
interpretada desde el balcón del domicilio social por los elementos de la
laureada agrupación y acompañada al órgano por el director de la misma.
Foto tomada en 1926 do local social do Coro “De Ruada”
na esquina da Praza Maior [Arquivo da Coral “De Ruada”]. Mesmo local na
actualidade [Foto: Emilio Rodríguez Portabales].
La Región do martes 2 de marzo matiza:
También se cantaron los tradicionales “ayes” y unas “saetas”, que
gustaron mucho, desde un balcón en la calle de la Libertad.
Contan as crónicas que, como no
caso da procesión do Santo Enterramento, tódolos balcóns do traxecto ostentaban
fermosas colgaduras e artísticas iluminacións, destacando, neste último
aspecto, o local social da “Coral Polifónica Orensana” situado na Praza Maior, na que lucían potentes lámpadas “Petromax”
subministradas polo bazar “Puga y Hos.”.
A pesar destes potentes focos,
non todo foron luces na procesión dos “Caladiños”, xa que, como relata a
crónica de “La Región”:
O Sábado Santo tiveron lugar na
Catedral os oficios do día e a beizón do fogo na porta de Mediodía do templo.
Despois dos cantos rituais celebrouse a Misa de Gloria soando as campás de
tódolos templos da cidade. Pola tarde rezáronse Completas e o Cabido foi
colle-la imaxe á igrexa de Santa María Nai para a procesión do domingo.
E ENTREMENTRES...
O día 22 de marzo, Domingo de Ramos, saía do aeródromo
de Tablada, en Sevilla, o avión Breguet XIX Gran Raid, bautizado co nome “Jesús
del Gran Poder” polo cardeal arcebispo de Sevilla monseñor Eustaquio Ilundain y
Esteban, que fora bispo de Ourense entre 1904 e 1921, antecesor, polo tanto, de
monseñor Florencio Cerviño. O avión ía tripulado polos capitáns Ignacio Jiménez
Martín e Francisco Iglesias Brage, enxeñeiro natural de Ferrol. O avión viaxou
a Bahía e Río de Janeiro (Brasil), Montevideo (Uruguai), Buenos Aires
(Arxentina), Santiago (Chile), sendo o primeiro avión español que sobrevoou os
Andes, Arica, Lima e Paita (Perú), Colón (Panamá), Managua (Nicaragua),
Guatemala e La Habana (Cuba).
O Domingo de Pascua, ademais dos
actos relixiosos propios do día, tiña lugar un multitudinario xantar campestre
no exterior do Hospital (actual campus universitario) en homenaxe ao escritor costumista e co-fundador
do coro “De Ruada” Xavier Prado “Lameiro”.
Vicepresidente Primeiro da Coral De Ruada
con la entrada pendiente de publicar, falleció la madre del amigo Emilio, de ahi la sentida dedicatoria del articulo. Desde ourensenotempo quiero enviarle animos para sobrellevar este duro momento.
con la entrada pendiente de publicar, falleció la madre del amigo Emilio, de ahi la sentida dedicatoria del articulo. Desde ourensenotempo quiero enviarle animos para sobrellevar este duro momento.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Le agradeceria que en vez de dejar aqui su comentario, me envie un mail al correo del blog ourensenotempo@hotmail.com.
De ese modo podria contestarle.
Gracias