Páginas

3/10/14

La Movida Ourensana "Disco 3A" por Lalo Pavon


Antes del verano os enseñe varios logos de esta conocida discoteca Ourensana, y el amigo Lalo Pavon de manera inmediata me remitió los interesantes datos que hoy os presento. La verdad es que mi idea era dejar pasar mas tiempo antes de volver a hablar de esta "disco", pero casualmente mi mujer recordó estos días (no se el motivo...) lo que era la cuña publicitaria de radio Orense anunciando la discoteca y me hizo cambiar de idea, aqui teneis la cuña de radio y el texto de Lalo.
Ambiente Psicodélico, Sala climatizada, Discoteca 3A
Vín o outro día distintos logos da discoteca 3A, na que pasei moitas horas na primeira xuventude alá polos últimos setenta e primeiros oitenta.

Co simple ánimo de aportación humilde, o nome de 3A non viña de “tres amigos”, senon de un pai, un fillo e un xenro: Alejandro, Anibal e Alfonso. O impulsor foi o primeiro deles, Alejandro Asenjo, garda civil orixinario dun pobo de Burgos, que veu destinado a Ourense, onde se casou con Marina Nóvoa, natural de Alongos. Tiveron tres fillos, Anibal, Marina e José Angel.

Cando Alejandro deixou a Garda Civil (accedían entón á xubilación voluntaria moi xóvenes), montaron a chocolatería Mayka en Bedoya (que anos despois convertiron en supermercado e, por último, na cafetería Atlantes, desaparecida logo co derribo do edificio de Bedoya que da a Santo Domingo, por parte do constructor Antonio Docabo). A idea da chocolatería deulla unha irmán de Marina que había sido artista de circo e acabada a sua carreira asentouse en Betanzos, o pobo do marido, e montaran un local de hostelería; logo puxeron en marcha unha chocolatería, que daquelas era unha iniciativa de vangarda. O negocio foi un éxito rotundo, de xeito que traballaban moitísimo pero comenzarno a gañar diñeiro enseguida.

Para aquil entonces, os familiares coruñeses habían dado un paso máis abrindo unha exitosa discoteca en A Coruña, idea que tamén tomaron Alejandro e os seus, que para entonces xa habían incorporado ó negocio ós fillos maiores: Anibal, que deixou a música (era un excepcional acordeonista) e Marina, casada con Alfonso, mentres o pequeno José Angel estudiaba interno en Salamanca.
   
Así abriu 3A, no baixo da rua Bedoya que da a Valle Inclán. O éxito foi espectacular e o negocio, redondo. É certo que se producían ruidos de música no edificio, sobre todo no primeiro piso, polo que se xeneraron algunhas protestas dos veciños. Os donos da discoteca cortaron polo sano comprando o piso onde había o maior problema.

Co constante progreso empresarial, a familia trasladouse ó edificio de enfrente, e poucos anos despois a un edificio recén construido en Ramón Cabanillas (creo que era o número 4), enriba de onde anos despois montou unha heladería Senén Ramos; alí montaría Marinita Asenjo un centro de belleza que levaba o seu nome.

Xa maiores, Alejandro e Marina (sobre todo íl) deixaron a xestión ós fillos que, a sua vez, emprenderon outras aventuras empresariais paralelas, en tanto que a xestión de 3A foi asumida por José Ángel Asenjo, ata o seu peche.

LALO PAVÓN

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Le agradeceria que en vez de dejar aqui su comentario, me envie un mail al correo del blog ourensenotempo@hotmail.com.
De ese modo podria contestarle.
Gracias