Páginas

8/11/13

Os Enxebres da Troya


  Fai tempo que no blog tiñamos a presenza do grupo de músicos que tocaban nas actuacións do Grupo de danzas Os Enxebres dá Troia.

  Hoxe grazas ao meu bo amigo Andrés Iglesias, podemos ver á agrupación ao completo. A fotografía tomouse no teatro Losada, pero non podo darvos o dato do ano, segundo Andrés, posiblemente finais dos cincuenta.

   Andan estes días os amigos do Proxecto Virtual de recuperación do patrimonio Musical Galego Séculos XIX-XX, ás voltas cunha fotografía dun grupo de danzas realizada no cruceiro da alameda que leva o seu nome; o que lles falta por identificar é a agrupación musical en si, (o lugar xa se encargou o amigo Javier torres de referencialo). Eu desde logo non podo afirmar que sexa esta, pero é outra opción, non???

Non me importa volver recomendarvos a visita deste blog, que podedes facer   En Facebook  neste enlace, ou na páxina   Blog patrimonio musical Galego . O obxectivo é reunir toda a información posible acerca da nosa música, para facilitar o seu coñecemento. Animadevos a botarlle unha ollada.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Le agradeceria que en vez de dejar aqui su comentario, me envie un mail al correo del blog ourensenotempo@hotmail.com.
De ese modo podria contestarle.
Gracias