Páginas

2/10/13

As de Soutopenedo


 Oficio do pasado de grata lembranza, o de Leiteira

   Traballo duro, e como non, en mans do sexo débil (algún día teremos que reconsiderar cal é realmente o débil). Madrugas, cargar con pesos, longas camiñadas, desanimo, medos, todo iso aguantábase pola satisfacción de poder axudar na casa; os tempos eran máis que difíciles, e os que vivian preto das cidades polo menos, cun pouco de sorte, podían complementar os seus escasos ingresos, con algo de rianxo, e a venda de leite.

   Realmente como en todas as historias do pasado, non se pode xeneralizar, e seguro que cada unha destas mulleres nos podería contar motivos, vivencias e anécdotas moi diferentes; dende a que viña por extrema necesidade, e habitualmente a vender o leite doutra persoa, co cal os seus beneficios eran ínfimos, ata a que viña caseque castigada polos seus pais pra que se decatase do duro que era gañar o sustento, e así animala pra esforzarse nos estudos; por desgracia o primeiro caso era o máis frecuente, pero de todo había.

   Xa noutra entrada había mencionada dúas das artimañas que a picaresca destas mulleres, fixeron famosa, o "bautizado", e o "ladeamento do cuartillo", e posiblemente algunha técnica mais habería, o caso é que polo que me contan, as ganancias que xeraban tales mañas, non eran nada do outro venres, mais poderíase considerar pillería que engano.

   Pero deixemos por agora o tema, que calquera día consigo que un bo amigo nos escriba algo sobre estas mulleres ás que en Auria de sempre se lles recoñeceu a súa valía; levo tempo intentándoo, pero haberá que seguir esperando.

   De momento ensínovos outra das fotografías que se conservan en Soutopenedo, (xunto con Moreiras, San Ciprian e Outeiro Calvo, os pobos dos que máis profesionais "baixaban "a Ourense).

    Facilítama un vello amigo da famila da miña muller (e agora meu tamén), Servan Barandela, e nela aparece o habitual Antelana (o dono do autobus) coa súa señora, e varios parentes do Servan e veciños de Souto, que teño que preguntar se queren que o seu nome apareza. Polo de agora gozade da fotografía.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Le agradeceria que en vez de dejar aqui su comentario, me envie un mail al correo del blog ourensenotempo@hotmail.com.
De ese modo podria contestarle.
Gracias