Páginas

13/9/13

Outro de Xulio Borrajo, o quinto.

   

Levaba demasiado tempo sen visitar o blog Don Xulio Borrajo, un dos primeiros colaboradores que tiven, (grazas á súa sobriña Marilo); e nestes días ao atoparme con esta fotografía que encabeza a entrada, decateime da súa ausencia.
   Recordaredes, e se non, podedes revisar vellas entradas, que don Xulio era un dos cantantes do Coro de Ruada, pero ao mesmo tempo grazas ao seu enxeño e graza para contar historias, nos intermedios entre actuacións e para que o publico estivese entretido, saía vestido de "home do pobo chan"; se, daqueles que fixeron acuñar o termo de "a retranca galega".

   Agora que o penso, sei de tres personaxes desas características, e supoño que a maioría de vós tamén: Joselín, Xan dás Bólas e Xullo Borrajo.

Aquí déixovos outra das súas historias:

O Cañón

" Manoel da Fontaiña, fillo do Vinculeiro, era un mozo dos mais garridos da nosa parroquia; afeito a folgansa faguia il cuantas tolerias se ll'acurrisen. Il apagaba o candil nos fiadeiros, nas festas, co seu traxe de tarabilla y'a fror na orella, armaba as veces cada pallangada del demoro, e de puro presumido q'era hastra se restregaba con albayaca pra ll'e cheirar ben as mozas. Un día o alguacil do Untamento notificoulle que tiña que ir o servicio militar. En España como e sabido, iste servicio é obrigatorio, somentes que os que poñen un depósito de cerca de mil pesetas, si habian de servir dous anos, que é o de ley, sirven soilo seis meses. Y'a istes chámanlle acolá soldados de cuota.
   Como os pais do rapaz estaban, gracias a Dios, bastante ben acomodados, acordaron que o Manoeliño fora de cuota, e como il tivera o capricho de ir servir a Madrí o pai acedeu  gustoso, pensando que naquil pobo habíanselle acabar os fumos o tolo do fillo.
   Dironlle 600 pesos, fixeronlle o aquipaxe, e alá marchou o rapaz cara aquela gran ciudade, mais alí comenzou a xuntarse con xente de rumba e tumba e frecuentar lugares de maldade e vicio y'o rapaz os quince días de chegar non tiña cadela de canto ll'e déran seus pais. Nin puxera a cuota, nin mercara o iñiforme nin pagara a pousada nin nada.
   Enton o pequeno non sabendo por donde sair non se lle acurriu outra cousa, que escribirlle os pais a seguinte carta.
Queridos padres: Me alegraré que al recibo de la presente se alcuentren buenos de salud a Dios Gracias....¡Boeno desas chafalladas que se poñen nas cartas, e que todas son iguales!
   A renglón seguido dicía:
   N'el sorteo celebrado ayer tarde me correspondió servir en Artillería, así que tendereis que mandarme 400 pesos pra mercar el cañón.
   A Nai do rapaz o oubir aquelo dixo: ¡Ay que sorte nos tivemos con iste pequeno!.
   Eu o  oubir somellante burrada pergunteille a ela: ¡E vostede chamalle sorte a ter que gastar 400 pesos a mores do que pensaban!
¡Sí señor sí -- sorte e ben sorte, porque diase conta de que tocandolle pra Artillería, témosle que mercar soilo o cañón, pero si lle toca pra Marina, había que mercarlle o barco."
Eiqui tedes a Xulio caracterizado do seu personaxe, liando un pito.
Lembrade que don Xulio empregaba un galego non moi academico; caseque como o meu, así que disimulade as patadas que sin querer damoslle o noso querido Galego.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Le agradeceria que en vez de dejar aqui su comentario, me envie un mail al correo del blog ourensenotempo@hotmail.com.
De ese modo podria contestarle.
Gracias