Un ano máis os ourensanos, temos a oportunidade de retroceder no tempo, e botar unha ollada á nosa Auria alá polos anos vinte.
Un cada vez máis numeroso grupo de asociacións culturais ourensanas, organiza este sábado 21, a festa A Bela Auria, mercado, contacontos, talleres infantís, música e exposicións, serán o núcleo principal da xornada.
As actividades serán no xardín do Posío dende as dez da mañá, ata máis ou menos as oito da tarde; e na Praza dá Fonte dos Coiros (hoxe San Marcial), dende as dez da noite ata que....
Para os despistados lembrar que se é posible se agradece o vestir de época, como mínimo un sombreiro. (os amigos da sombreiraría La Lucha, rúa das Tendas, seguro que vos tratan moi ben).
Déixovos esta fotografía dos actos do ano.... pasado, para que vos fagades unha idea dos traxes que se levaban daquelas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Le agradeceria que en vez de dejar aqui su comentario, me envie un mail al correo del blog ourensenotempo@hotmail.com.
De ese modo podria contestarle.
Gracias