La entrada que estaba prevista para hoy la he pasado al domingo, ya que entiendo que esta información es interesante, y no puede esperar.
Un ano maís, o Arquivo Histórico Provincial, abre as portas a todolos ourensans, co gallo da celebración do Día internacional dos Arquivos; xa sabedes que a mín eso dos días De... non me fai moita graza, (soame a segunda guerra mundial); pero xa que esta así organizado, de seguro que Pablo Sánchez Ferro e o seu equipo de colaboradores teñenos preparada unha visita que nos vai gustar. Eiqui vos deixo a nota que me remiten do Arquivo, e que con moito gusto participovos.

Prezado/a amigo/a:
O vindeiro venres, 7 de xuño, o Arquivo Histórico Provincial de Ourense (AHPOu) celebra o DÍA INTERNACIONAL DOS ARQUIVOS a traveso dunha xornada de portas abertas que consistirá na organización de visitas guiadas ás 12.30 hs. e ás 18.30 hs. na súa sede da rúa Hernán Cortés 2 (máximo de 20 persoas por visita). Boa parte da visita dedicarase a comentar a mostra documental que este ano se dedica á fe pública e á documentación xerada por escribáns e notarios ao longo da Historia.
Os arquivos históricos provinciais concentran unha parte moi importante deste rico acervo documental e facilitan o acceso ao mesmo nas súas salas de consulta. Na mostra documental organizada polo AHPOu poderanse contemplar, pergamiños con escrituras medievais, rexistros de escrituras e protocolos notariais con información textual e figurativa de interese para a historia de Ourense. Tamén poderán verse expedientes xudiciais nos que os escribáns actuaron como secretarios de xulgado, así como libros de actas do Concello de Ourense do século XVIII, nos que o escribán de número exercía a función que hoxe desempeñan os secretarios municipais.En definitiva, tratarase de facer ver a importancia da fe pública á hora de garantir a autenticidade dos documentos e como iso contribuíu ao afianzamento da seguridade xurídica no funcionamento das comunidades humanas complexas.Un cordial saúdo,
Pablo Sánchez Ferro
Director do AHPOu
Arquivo Histórico Provincial de Ourense
Hernán Cortés, 2
32005 OURENSE
Tfno: 988 22 34 93
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Le agradeceria que en vez de dejar aqui su comentario, me envie un mail al correo del blog ourensenotempo@hotmail.com.
De ese modo podria contestarle.
Gracias