Páginas

27/5/13

Os de Monforte no 22


      Hai máis de catro anos, que compartín con todos vós esta fotografía e a súa compañeira (outra foto feita o mesmo día, pero aos pés da torre); dende aquelas, de cando en vez doulle unha ollada, intentando poñer nome a todos os personaxes que nela aparecen; aínda non fun capaz de rematala, pero pouco me falta.

   Suponse que dada a entidade dos personaxes, non tería que ser difícil, pero pódovos asegurar que se os é; de feito cónstame que moitas das páxinas que mostran esta fotografía, se basearon nos meus datos, (por certo uns con moita corrección puxéronse en contacto comigo e non tiven inconvinte en darlles a información; outros non obstante a xeito de vampiros utilizárona coma se fose propia, sen citar fontes, alá eles!!!, algún día contareilles un segredo a estes vampiros).

   Volvendo ao que importa, fixarvos nos nomes; e coincidiredes comigo, en que en lugar da IV Asemblea dás Irmandades dá Fala, mais parece unha reunión de Intelectuais aos que se dedicou o día dás letras galegas. Veredes que quedan catro aos que non me atrevo a poñerlles nome, se ben de tres deles, suxirovolo; a todos os demais coido que os teño perfectamente identificados.

   Estes son: (na fotografía aparecen os seus nomes en branco ou negro, segundo resaltara máis co fondo)
Alfonso Daniel Rodríguez Castelao. (L.G. 1964)*
Anxel Casal Gosenge
Antón Losada Diéguez (L.G 1985)
Antón Villar Ponte (L.G. 1977)
Manuel Antonio Pérez Sánchez (L.G. 1979)
Roberto Blanco Torres (L.G. 1999)
Lois Pena Novo
Ramón Otero Pedrayo (L.G. 1988)
Antonio Sánchez González.
*L.G. = Letras Galegas, e a cifra e o ano


   Dos catro que faltan (os nomes están en vermello, para diferencialos, e que me gustaría recibir a vosa axuda para identificalos, un creo que podería ser:
Luis Amado Carballo (L.G. 1982),

Outro
Florentino López- Alonso Cuevillas (L.G. 1968)

Outro, pero con máis dúbidas podería ser
Ramón Villar Ponte

   E por último o que falta, aínda que por datas e pensamento poderían ser algún destes que vou citar, non me atrevo a afirmalo, (dende logo polas fotos que teño non sería ningún, certo é que non corresponden ao entorno do 22):
Noriega Varela, Ramón Cabanillas, e se non fose porque daquelas se supón que estaba emigrado (foise no 1903), podería ser Antón Zapata García.
Acepto suxestións.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Le agradeceria que en vez de dejar aqui su comentario, me envie un mail al correo del blog ourensenotempo@hotmail.com.
De ese modo podria contestarle.
Gracias