Grupo de alumnos de Los Franciscanos de visita en el convento de Vistahermosa |
Cando pensas que xa tes un tema máis ou menos controlado, aparece material que che demostra que aínda estas pouco menos que empezando.
Fixarvos nesta fotografía que vos presento hoxe, coincidiredes comigo en que perfectamente podería ter estado colgada nas paredes do museo, durante a exposición Naqueles vellos pupitres.
O caso é que non vale de nada lamentarse, e se alegrarse de que poidamos contemplala agora. Don Emilio Díaz amablemente faima chegar acompañada doutra xoia que outro día vos mostrarei; e acompáñaa dun pé de fotografía que é o motivo de que vola mostre con tanta urxencia; pícome a curiosidade o dato, e non puiden encontrar nada ao respecto; por iso coméntovolo.
O pé de foto de Emilio, é: Colegio Franciscanos Vistahermosa 1900;
No convento de San Francisco na súa actual situación, temos datos de actividades educativas, se ben é certo que se circunscriben nos datos coñecidos, a estudos eclesiásticos; e dende logo en época moi anterior ao 1900.
É por iso que se me ocorre pensar se a congregación Franciscana nalgún momento tivo algún colexio instalado nunha vivenda como fixeron outros, Núñez de Couto, Villar, Ferrin, etc.
Se tedes algún dato agradeceríavos que o compartísedes. Eu xa estou a intentar que don Emilio me amplíe a información.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Le agradeceria que en vez de dejar aqui su comentario, me envie un mail al correo del blog ourensenotempo@hotmail.com.
De ese modo podria contestarle.
Gracias