Páginas

18/9/12

O estudio de Gil, no vello Progreso


   Sabedes que un dos meus obxectivos con este blog, e ir reconstruyendo os poucos a historia da fotografía na nosa Auria, ou polo menos servir de axuda para quen o quera facer . Nesa liña, as veces por datos que atopo eu lendo prensa e libros de vello, outras por colaboracións vosas, e ultimamente temen grazas a dúas “investigadoras” que “contratei”, para traballar nos arquivos de Pontevedra e Madrid (a miña irma e miña tía), vou  avanzando nas investigacións.
   Confeso que xa fai tempo que me decatei da satisfacción que produce ver que aparecen novas informacións, co cal comprobas que a busca esta ben encamiñada.
   Nos últimos tempos, os avances mais importantes, téñoos logrado ca saga dos Bocconi, e co artista Francisco Prieto, dos que estou facendo un pequeno traballo que calquera dia verá a luz. Hoxe voume referir a outro dos mais coñecidos, José Gil Gil. 


Rosita Gil Sarabia
 (recomendovos que fagades unha visita o blog As pedras de Taboexa falan que Don Alejandro Miguez Alvarez escribe, ou millor facede duas visitas, 2ª Parte, que de seguro que vos gusta, e pouco mais se vai poder engadir entorno os datos de don José) Aproveito para darlle as grazas a don Alejandro por citarme tan xenerosamente no seu traballo

   A través de Gil, podemos relacionar gran parte da historia da fotografía en Ourense e Vigo, fixádevos que poño Ourense por diante, e non se trata dunha casualidade, senón que e para dalgún xeito, reivindicar á tan de moda ultimamente discriminación positiva (calquera dia entraremos a falar de porque son mais coñecidos os fotógrafos instalados en Vigo, cando os seus coñecementos foron impartidos polo mestre Jose Pacheco en Ourense). Bo como decía por medio de Gil, podemos relacionar de xeito indudable os Sarabia (Irmans da sua dona), Jaime Pacheco (co que estivo asociado un corto periodo na nosa cidade antes de marchar para Vigo), con Jose Pacheco, (co que semella que tivo unha dura competencia); e últimamente por un dato facilitado polo amigo David Simon Lorda, podemos presumir unha relación de amizade con Pablo Garita.
Maria Gil Sarabia

   Según conta  o informe policial, Julian Garita de 19 anos fillo do fotógrafo Pablo Garita, e que traballaba de axudante no gabinete de don Jose Gil, no numero 73 da rúa do Progreso (Don Alejandro situa actualmente o 73 frente as Josefinas, e penso que haberia que profundizar mais, xa que algunha fonte o situa preto do establecimiento dos Alvarez) , disparouse un tiro na sien, falecendo no acto, foi o dia 22 de setembro do 1903; as causas do suicidio, apuntan cara una depresión, ou unha posible relación amorosa, mal vista por parte do seu pai. Sexa cal fora a causa, o certo e que ese feito luctuoso foi o comezo dunha longa serie de desgrazas que marcaron a vida de Gil.

   Faleivos xa dos problemas que tivo o mestre cuns clientes que lle reclamaban unha gran tardanza na entrega dos seus traballos, e Gil por medio da prensa pedia desculpas e argumentaba serios problemas personales; pois ben, esas datas coinciden co suicidio de Julian Garita, e acompañanse do nacemento  do seu unico varon, quen tristemente faleceu o pouco de nacer, (descoñecia as datas exactas, pero o traballo de don Alejandro desvelanos ese datos e moitos mais) a suma destes acontecementos, posiblemente fixeron que decidirá comezar unha nova etapa en Vigo o ano 1905.
 Pero leede o texto de Don Alejandro que vos aportara moitisima información.    


Grazas a David Simon pola sua colaboración, e as miñas “traballadoras”, animo; ainda que a “pajga” sexa pequena, tedes todo o meu cariño e agradecemento.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Le agradeceria que en vez de dejar aqui su comentario, me envie un mail al correo del blog ourensenotempo@hotmail.com.
De ese modo podria contestarle.
Gracias