AS
MERCEDES
De 1441 a
1850 coñeceuse como “Pía de la Casca”. xa que alí se
situaba un depósito da auga onde se deixaban a remollo as peles dos curtidores.
En marzo de 1850 noméase como “Calle de las Mercedes”, e, en 1934 como “Praza de Vigo” (a placa continúa
colocada no lugar). Obviando as variacións, popularmente coñeceuse como “Campo
das Mercedes”, pola capela alí localizada, adicada a Nosa Sra. das Mercedes,
adherida ao covento do mesmo nome, fundado no século XVI.
A “praza das
Mercedes”, lonxe do espazo de lecer que hoxe constitue, foi durante moito tempo
un referente da vida social de Ourense. Nela estivo ubicado o Xulgado Municipal,
o “Centro Obrero” e a “Gota de Leche”, institución que alimentaba gratuítamente
a os nenos lactantes, que funcionou en Ourense entre 1912 e 1933.
Coa
reforma do colexio das Mercedes ordeada polo Cardeal Quevedo, nace o Hospicio. En 1856, o edifcio destinarase a
Hospital Provincial, en 1931, a Escola de Artes e Oficios, e, de novo ao ensino
coa aparición do "Colexio
Menor da Mocidade Calvo Sotelo". Poderíamos falar da palleira do Concello,
do parque de Bombeiros, e de outros segredos que o “Campo das Mercedes” agocha
,…, tal vez noutra ocasión.
Arquivo visual
Ourensán fondo Augusto Guedes y Museo Etnoloxico de Ribadavia
Fotografía propiedade
M.E.R
Fotografo, Don José
Pacheco
Texto Fernando
Valcarcel
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Le agradeceria que en vez de dejar aqui su comentario, me envie un mail al correo del blog ourensenotempo@hotmail.com.
De ese modo podria contestarle.
Gracias