Coido que con isto xa completo o caderno de tarefas deste verán.
Polos vosos correos electrónicos, se que vos están a gustar, as fotografías, pero tamén vexo que temos moitas dúbidas, e me inclúo no grupo. A solución precisamente, creo que é seguir dándolle voltas ao tema, (pero sen obsesionarse, como di a miña santa esposa).
Esta nova vista da cidade, obtida dende a zona de Montealegre; sabedes que a maioría se tomaban dende Salto do Can, ou o Seminario, pero algunha hai dende esta situación; corresponde posiblemente a finais dos sesenta, ou comezos dos setenta.
Pero precisamente iso é o que quero que me digades vós; e se é posible que identifiquedes algún dos edificios para axudar a situarnos.
Vou aproveitar para facer unha puntualización a un dos novos amigos do blog, que creo servirá para todos. O colexio que estaba na rúa de La Barrera, era a sección masculina do Cardeal Cisneros, e se, desapareceu desa localización cando se decidiu abrir a rúa Doutor Marañón.
Os correos electrónicos a: ourensenotempo@hotmail.com
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Le agradeceria que en vez de dejar aqui su comentario, me envie un mail al correo del blog ourensenotempo@hotmail.com.
De ese modo podria contestarle.
Gracias