Recompilar fotografía antiga permite coñecer detalles do noso pasado, tanto no referente a personaxes coma a obxectos ou construcións.
O recorte de fotografía que vos mostro hoxe, pertence a unha vista panorámica publicada en torno ao 1905 pola Heliotipia E.J.G. se trata dunha postal de formato dobre (desa época primeiros anos do século XX, existe outra moi parecida de Castañeira e Álvarez; se ben esta é tripla, e o enfoque non colle a zona do Posío; e como vos contarei noutra ocasión existen tamén varias postais sinxelas desta panorámica).
Ao escanear e ampliar a imaxe, é cando conseguimos decatarnos de moitos detalles que doutro xeito posiblemente pasasen inadvertidos. Nesta ocasión o que nun principio poderiamos confundir coa actual paxareira que máis ou menos esta nesa mesma zona, móstrase como unha construción moito máis complexa, que parece evocar a un templo chinés, probablemente o seu uso fóra o mesmo, pero haberá que intentar comprobalo.
Outro detalle que queda patente, é o da existencia dun desnivel, que actualmente pasa desapercibido na rúa progreso, cruzamento con Marcelo Macías; vendo a foto descóbrese o que debe ser un muro de contención similar ao que tamén coñecemos da rúa doutor Fleming, cruzamento Ervedelo. A pendente natural na que se instalou a cidade, ten eses inconvintes.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Le agradeceria que en vez de dejar aqui su comentario, me envie un mail al correo del blog ourensenotempo@hotmail.com.
De ese modo podria contestarle.
Gracias