Hoxe estaba prevista unha entrada falando doutra vista xeral da cidade, concretamente a que pode ser a primeira que se fixo ca técnica da cor. Pero teredes que esperar a mañá martes para vela.
O motivo deste cambio, é unha corrección que o profesor Monxardín me fixo á entrada do xoves, cousa que agradezo enormemente, e creo que vos gustase que a comparta.
Como vedes nas preciosas postais que vos mostro, unha estivo o outro día no blog.
Pois ben, segundo parece, alguén no momento de confeccionar as postais, é posible que confundise os nomes, e de forma errónea os cambiase. Correspondendo a que pon Lonia, a ponte Pelamios, e ao revés.
De todos os xeitos creo que debemos ser benévolos, sexa quen sexa o que cometeu o erro, (eu cométoos bastante máis graves), porque se vos fixades, o parecido entre ambas as dúas pontes, é enorme.
Afonso apúntome outro dato que é o de incluír ponte Pedriña no grupo, as tres terían o mesmo ou parecido deseño
… Parecíanse tanto que os investigadores pensan que estivo feito cos mesmos entablamentos -Ponte Loña e Ponte Pelamios.
Tamén se cadra Ponte Pedriña, que recordaría unha máis antiga, porque Ponte Pedriña significa "Pons petrinae", ou sexa aínda se declinaba o latín cando se fixo e evolucionou a ponte pedriña, ponte de pedra. …
Aproveitade ese vello erro, para gozar das dúas postais, que pra o meu gusto son das máis fermosas (esteticamente) que temos de Ourense.
Grazas Afonso.
Maña teredes a entrada que era pra hoxe
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Le agradeceria que en vez de dejar aqui su comentario, me envie un mail al correo del blog ourensenotempo@hotmail.com.
De ese modo podria contestarle.
Gracias