Fachada do cuartel 1930 fotografía de Augusto Pacheco |
Se onte a entrada era para axudar ao amigo Fausto nas súas investigacións, a de hoxe busca animar un grupo de amigos que coincidiron facendo o Servizo militar, (a algún xa sei que lle soa a chinés iso, da mili), no Zamora 8; a seguir compartindo vivencias e fotografías do seu paso polo cuartel, así como a ver se nos poñemos de acordo e organizamos unha cea para vernos fisicamente.
De paso e buscando completar os datos da historia do Rexemento, temos que engadir outra denominación, que eu descoñecía totalmente, e por casualidade descubrín.
En Agosto de 1939, a denominación era Rexemento de Infantaría América 23 (tamén aparece como América n.º 3); ao mando do segundo Batallon estaba o Comandante Domingo Domínguez Santa María. (existen datos contradictorios entorno as datas exactas, xa que ata o 30 de setembro do 39, figura tamen asentado en Castellon, pero supoño que sera algo normal, non creo que os traslados foran cousa de un día pra outro, e menos nesas convulsas datas.)
Co cal de xeito provisional, na espera de mais datos, poderiamos admitir a seguinte relación:
Rexemento Provincial de Orense
Rexemento Monterrey
Orense n.º 50
Batallon de Cazadores de Montaña Orense n.º 5
Rexemento Ceriñola
Rexemento de Infantaría América n.º 23 (ou n.º 3)
Rexemento de Infantaría Zamora n.º 8
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Le agradeceria que en vez de dejar aqui su comentario, me envie un mail al correo del blog ourensenotempo@hotmail.com.
De ese modo podria contestarle.
Gracias