Supoño que non ten importancia, pero non citarei o propietario por si algun parente se enfada. |
Andan as cousas complicadas, pero para a historia, poucas situacións son novas.
Períodos de crise, xa se viviron uns cantos, e posiblemente cando pasemos esta, (que aínda que non se lle ve o fin, terá que rematar), teñamos outra. A historia é así de caprichosa, e empéñase en repetirse "unha e outra vez"; ou seremos nós os que non somos capaces de aprender dos nosos erros e seguimos caendo "unha e outra vez" nestes.
Ben, deixemos o tema que xa sabedes que non me gusta falar no blog de algo diferente a Historia. E de histórica pódese cualificar esta fotografía, que retoquei un pouco co fin de que non se poida recoñecer ningún personaxe (aínda que non creo que ningún deles se ofenda); foi obtida alá polos anos corenta, nalgún dos montes que separan a nosa provincia, do país veciño; eran tempos difíciles, nos que unha lata de aceite, ou un par de quilos de café eran artigos de luxo e multiplicaban o seu prezo pasada a fronteira.
Eran tempos de valor, nos que se mesturaba xente necesitada con delincuentes, eran tempos de honra, nos que a palabra se respectaba coma se fose un documento, eran tempos de enxeño, amizade; eran outros tempos, (que mais dun añora).
Ao mellor noutra entrada, fálovos do Capitán, ou do Pata Chula, ou contamos algunha anécdota de como llas enxeñaba algún para pasar a fariña en carros, por diante da autoridade. Pero iso si é, será outro día.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Le agradeceria que en vez de dejar aqui su comentario, me envie un mail al correo del blog ourensenotempo@hotmail.com.
De ese modo podria contestarle.
Gracias