Páginas

20/4/12

Feira do automovil no Paseo


Non, non se trata dun anuncio publicitario, aínda que moi ben podería selo. Dende logo conseguir a aliñación de todos estes automóbiles para a fotografía, debeulles levar tempo; e agora que o penso, tampouco creo que fose habitual ter tantos Chevrolet no concesionario do Paseo.

    Buscando resposta a preguntas que me facedes, púxenme a revisar arquivos, e un dos mais "substanciosos", é o que proporciona a revista Vida Galega, (tanto que se me está a ocorrer unha idea que vos propoñerei a semana que vén) xa o outro día ensíneivos a fotografía do Parque de San Lázaro, e hoxe móstrovos esta do xa coñecido edificio "Chevrolet"; do que pouco a pouco imos coñecendo todas as funcións que realizou ao longo da súa vida.
     Como oficina de información de Frontes e Hospitais, papel que desempeñou durante o período bélico, xa apareceu no blog (fotografía do ano 38); como sede do coñecido Bazar Pedro, tamén o vimos nalgunha ocasión, (anos 50 máis ou menos); e aquí témolo como Garaxe Hispano Americano (foto do ano 1924); apareceu noutra imaxe polo menos, de aproximadamente comezos dos anos trinta, na que por erro meu, situei no seu interior un banco co mesmo nome. Agora sei que nunca se chamou de xeito oficial, "La Chevrolet", senón que durante a súa etapa como concesionario e taller automobilístico, sempre foi Garaxe Hispano Americano, actualmente consideraríaselle un concesionario multi marca, xa que á parte dos Chevrolet, podían adquirirse nel outras marcas como Cadillac, Hudson etc. O tema do nome como en moitas outras ocasions, foi cousa da decision popular, gustou mais chamalo así, dende logo sonaba mais "chic".
Como pé de foto, á parte de darnos o dato de que o fotógrafo foi don José Pacheco, confírmanos que o Garaxe Hispano Americano, distribuía a marca Chevrolet para todo o Noroeste peninsular, polo cal xa sabemos o motivo da presenza de tantas unidades na fotografía, seguro, que acababa de chegar a remesa para a súa distribución.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Le agradeceria que en vez de dejar aqui su comentario, me envie un mail al correo del blog ourensenotempo@hotmail.com.
De ese modo podria contestarle.
Gracias