Fixadevos no entorno do templo nos últimos tempos da construcción |
Levo unha tempada, con algo de atraso aínda que por fortuna as cousas van saíndo adiante; hoxe con todo non teño máis remedio que reprocharme o atraso, porque conleva que non vos informase ao seu debido tempo, das actividades que a parroquia de Fátima, ten organizado para celebrar os 50 anos que pasaron desde a súa inauguración oficial.
Os primeiros actos, tres conferencias que por desgraza xa nos perdemos, correron da man do Sr. Cardeal Carlos Amigo, (Arcebispo emérito de Sevilla), e os amigos, Don Miguel Ángel González García (Cóengo arquiveiro da Catedral), e o profesor Xavier Limia Gardon.
Quédanos polo menos a charla que hoxe nos ofrece o tamén amigo don José Luís Rodríguez Cid na sociedade cultural Albor ás 20,15 horas; "O Couto a súa Parroquia e o seu Santuario".
Se vos perdestes as outras aproveitade para gozar esta sen dúbida interesante conferencia.
Mañá sábado tedes tamén a inauguración da exposición fotográfica "50 e +", da que vos falarei con máis detalle o luns.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Le agradeceria que en vez de dejar aqui su comentario, me envie un mail al correo del blog ourensenotempo@hotmail.com.
De ese modo podria contestarle.
Gracias