Páginas

29/2/12

As Carmelitas


Ao fío da entrada de onte, toca hoxe a quenda ao colexio relixioso que máis tempo exerceu o seu labor educativo entre nós. As Carmelitas

O caso é que non atopei ningún traballo relativo á historia deste centro; e cos poucos datos que teño, creo que sería interesante profundar un pouco na súa historia, o único dato que vos podo confirmar, é o da súa chegada, que se remonta ao ano 1879, segundo a web do colexio, 12 de marzo de 1879.

Tería que confirmalo, pero creo que a súa localización foi desde o comezo, na contorna da praza do Corrixidor, onde a familia Temes, cédelles o uso da casa que aínda hoxe ocupa o colexio.

Falo de memoria, ao dicir que ese edificio ou outro no seu lugar, foi ocupado con anterioridade polos Franciscanos, antes do seu "forzoso" desprazamento a zoa alta da cidade.

Vai ser mellor que non siga especulando, despois chamáredesme a atención, polos meus erros. Así que gozar da fotografía, e iso si, comprométome a durante este ano, intentar achegar datos sobre a historia do que realmente foi o meu primeiro colexio, alá polo 1965.

28/2/12

As Josefinas


Xa recibín algunha queixa, pola escasa presenza no blog e mesmo na exposición, de fotografías de colexios femininos. Recoñezo que é certo, pero podo asegurarvos que non existe ningunha intencionalidade. De feito pouco a pouco intentarei corrixir esas diferenzas.
Maristas e Salesianos, foron os primeiros en facilitarme o acceso aos seus arquivos fotográficos e por iso a súa presenza é mais habitual; Josefinas e Cisneros están en proceso de elaboración deses arquivos, co cal cada vez serán mais frecuentes as súas visitas ao blog, e centros como Carmelitas e Franciscanas, mais por unha cuestión de falta de tempo, que por desinterese aínda estou pendente de contactar con eles.

Hoxe móstrovos esta fermosa fotografía das Pepas, como cariñosamente se lles chamaba, polo menos nos meus anos mozos ás Josefinas.

Descripción. Fotografía escolar do Colegio San José (Josefinas Ourense)
AnoCurso 1947-48
FotógrafoDescoñecido
PropietarioDona Dolores Conde
Información relacionada:
O ano 1934, as Madres Josefinas, decidiron cambiar a súa localización.
Procedentes de Trives, onde, dende os anos 20 co apoio da "Sociedade cultural Trivesa", habían estado desenvolvendo o seu labor educativo, de grato recordo naquelas terras, (o colexio estaba situado na cása chalé de don Agustín Blanco).
Abriron inicialmente o seu centro escolar, na casa de José Fernández, (edificio utilizado en diferentes épocas, por outras institucións educativas) da rúa do Padre Feijoo, preto da Igrexia da Trinidade.
A sua labor viuse interrompida oficialmente no ano 1936, (aínda que se sabe que de forma clandestina, moitos alumnos seguiron acudindo, as suas, facia pouco ampliadas, aulas).
É por fin, no ano 1940 cando reabren oficialmente o colexio, no solar que ocupan na actualidade, houbo que facer aos poucos, modificacións, que permitirían unha maior comodidade no seu traballo, (recordamos que o edificio primigenio, albergara as instalacións da Eléctrica Conde Balvis, e unha fábrica de curtidos, á marxe de que unha parte do edificio estaba sendo utilizada polos Xesuítas, e por varias familias.


Seria moi interesante conseguir a identificación das alumnas; a ver se coa vosa colaboración o conseguimos.

27/2/12

Proyecto de colaboración

Ejemplar propiedad del Archivo Municipal de Ourense

Hace unos días, tuve la oportunidad de mantener una entretenida conversación con la periodista Nora Solá, entre otros muchos temas, hablamos de la necesidad de recuperar esa historia cercana, que raramente aparece en los libros, y no por ello deja de tener una gran importancia.
 Al hilo de la conversación nos dimos cuenta de que no solo esa que yo llamo pequeña historia, se esta perdiendo; si no que retazos y personajes de la historia oficial, por unos u otros motivos, también están cayendo en el olvido.
Le hizo gracia cuando le comente que por ej. Antonio Puga (el pintor Ourensano del s XVII del que se exhibe una obra en el museo del Hermitage), era confundido por más de un Ourensano, con Ramón Puga (fundador de Radio Ourense). En este caso puede ser entendible el error, dada la coincidencia de los apellidos. En otras ocasiones, como por ejemplo el de la familia de don Ramón Otero Pedrayo, el reconocimiento de este ultimo, ha difuminado el recuerdo de sus antepasados, el  padre don Enrique Otero Sotelo medico de profesión, fue defensor de Curros en su proceso judicial, y el abuelo materno Don Ramón Pedrayo Silva abogado de profesión decano del colegio es prácticamente un desconocido.
Hay casos más sorprendentes, como aquellos en los que alguien merecedor en su día de dar nombre a una calle de la ciudad hoy no esta en el recuerdo de casi ningún Ourensano, por ej. Ático Noguerol, e incluso los Xesta.
Desde el blog intento corregir dentro de mis posibilidades esa  carencia, pero evidentemente seria deseable tener una mayor difusión. En la conversación con Nora, quedo abierta la posibilidad de una colaboración entre su programa y el Arquivo visual Ourensán, para lograr ese fin, que creemos de interés para todos los ourensanos.  Os tendremos al día sobre ese proyecto.
Hoy en lugar de fotografía os muestro la portada de un pequeño trabajo hecho por un Ourensano, que como en los casos que os comente antes, casi nadie recuerda, como veis se llamaba Pio Ramón y Ojea (Ojea), si os digo el nombre de su hijo, espero que sepáis de quien hablamos; Don Pio era el padre de Ben Cho Shey (Xose Ramón Fernández Oxea)

25/2/12

Arribada 2012

Doutras entradas sabedes, que a vila de Bayona, é un dos meus lugares preferidos, a pesar de que procuro non mostrar un excesivo favoritismo; todolos anos intento recordarvos que alí se celebra unha festa histórica na que vos aseguro que o pasaredes estupendamente.
Non procede facer comparacións, polo cal eu encadraríaa coa nosa fantástica e ribadaviense Festa dá Historia, e cun pouco de envexa, aínda que con paciencia e sen desesperar ca nosa local A Bela Auria, entre todos temos que conseguir que se inclúa no grupo.
Pero vaiamos ao gran; como vedes no cartel anunciador, o fin de semana próximo celébrase a Festa dá Arribada, conmemorando o regreso da carabela La Pinta do descubrimento da América.
Posiblemente a mín non me deixen ir, pero intentade ir vós e gozade, recoméndovos ir disfrazados, para colaborar a dar ambiente; non é complicado, un disfrace de mendigo daquela época, ou o socorrido Abade, conseguese con catro trapos.
Se podo alí verémonos.

24/2/12

Concurso "O Couto Vello"

Guillermo Alvarez. "AVirxe no Couto"

Recibín algún correo electrónico estes días, preguntando polo concurso que en colaboración coa Sociedade Cultural Albor, organizou o A.v.O. O Couto Vello.
Entre temas de saúde, e a prioridade que ten estes días a exposición do museo, Naqueles vellos Pupitres, é certo que me despistei; pero nada que non teña solución.

Mari Luz Gonzalez "Regalo de Reis"
Aquí tedes as tres fotografías premiadas.
O premio á mellor fotografía, decidiuse compartilo entre dúas das presentadas a concurso.
Visita da virxe ao Estadio, de Guillermo Álvarez.
E Regalo de Reis de Mari Luz Gonzalez.
Andres Iglesias "Relampagos do Couto"

Premio á máis antiga. Andrés Iglesias Iglesias, Los Relampagos do Couto. Equipo de futbol afeccionado que defendía a honra do barrio nos anos 30, aínda que a foto corresponde máis exactamente a 1939.

Tanto a sociedade Albor, coma o Arquivo visual Ourensán, queren dar as grazas a todos os participantes desexando que poida ter continuidade esta iniciativa, tan interesante para recompilar as fotografías que mostran a nosa historia.
Ir revisando os vosos álbums que o ano que vén haberá máis e mellores premios.

23/2/12

Maristas 1969, Cesta y Puntos


Xa vos comentei, que son moitas as imaxes que faltan na exposición, nuns casos debido a que de momento non as temos, e noutros para intentar que todos os centros estivesen representados.
No caso do colexio Maristas, vinme obrigado a recortar, xa que afortunadamente e grazas á xenerosidade de Alfredo Veiga (director), e do Irmán Vázquez dispoño dende case o nacemento do blog, da maior parte do seu arquivo fotográfico.
Entre as fotografías que faltan na exposición do Museo, están, as que reflicten o momento máis lembrado na historia do colexio Maristas Ourense. O triunfo no concurso televisivo Cesta e puntos. Ano 1969.
Limitareime a facilitarvos os nomes dos integrantes do equipo, porque os nostálxicos podedes visitar o enlace que vos facilito, e gozar da gran cantidade de imaxes e datos que aí nos facilitan. Os mozos que non tiveron a sorte de poder ver o programa encontraran nese enlace, datos, pra facerse unha perfecta idea de como era o concurso escolar por excelencia. Cesta Y Puntos.

O ano 1969, participaba o colexio Marista Santa María de Ourense, por segunda vez, e aínda o faría unha terceira. iste ano o colexio chegou a final, onde tivo que competir co colexio Claret das Palmas de Gran Canaria

O equipo contaba coa dirección do irmán Mauro Mangas Garcia.

E os alumnos participantes foron:
Esteban Solleiro Pereira, Manuel de León Rodríguez, José Luis Eusebio Velasco González, Pascual Agulló Díaz, Alfonso Luis de Sas Pedro, José Manuel Abelairas Gómez, José J. Pérez Fontan, José Manuel Prada Sánchez, Fernando Sousa Pérez e Francisco Javier Cobo Rodríguez.

A fotografia que nos deixa o amigo Pepe Lui, corresponde a un grupo de alumnos que acudiron a presenciar a final do concurso en Madrid; ese non e o autobus que recibiron como premio pola sua victoria.

22/2/12

Cisneros Na Expo

A crise queiras que, non afecta a todas as actividades. No noso caso, a pesar de que todo o que facemos se realiza en plan altruísta, existen certos gastos inevitables, na exposición reproducións e dípticos.
Pois ben, a escaseza do presuposto, obrigou a recortar finalmente un número importante de fotografías, que non puideron ser reproducidas, e noutros casos obrigo a reducir o tamaño previsto das reproducións. O tema non é grave, xa que esperamos ter mais oportunidades de mostrarvos estas imaxes acompañadas de moitas máis que desexamos vaiádenos facilitando; pero algunha como estas que hoxe vos mostro, considero que vos vai gustar velas xa.
Non vou facilitar moitos datos, xa que segundo teño entendido se están a elaborar polo menos dous traballos sobre a historia deste centro (chea de fusións e traslados).
Limítome a ensinarvos o edificio do Colexio Cisneros na súa situación actual o ano 1961. E una imaxen das obras loxicamente feita con anterioridade.

21/2/12

Entroido nas Eiroas (Fernando Valcarcel)

Certamente, hoxe non iamos ter entrada no blog, pero envioume esto o amigo Fernando Valcarcel, e penso que vos vai gustar. O mesmo tempo pode servir pra faceros sair da casa nestes dias de festa.

 O Entroido nas Eiroás

         O Entroido das Eiroás, era cita obrigada para os veciños de Cudeiro, que, como as donas da imaxe, entre as que se atopa a miña avoa, acudían a votar un baile, vestidas de “felos”. Este era o termo empregado para denominar estes “disfraces” improvisados.

         Corría o ano 60, e, as espelidas mozas da fotografía, valíanse da roupa dos homes, gorros, panos, almofadas para disimular as feituras, lentes, e demáis obxectos en desuso.

         O certo é que, non se “disfraza” quen non quere, e, debemos vivir o Entroido, porque é parte do noso.

Marcho cara á festa.

Vémonos nas Eiroás.

20/2/12

Rúa Caridade (Fernando Valcarcel)

Da man do amigo Fernando , retomo esta fotografia que no seu día non acompañei do comentario que merecia, daquelas pouco mais vos dixen, que pertencia a un encargo que o diario La Región fixeralle o mestre Samaniego mais  ou menos ala polo ano 1925. 
Polo que nos conta Fernando, vemos outra mostra de que os nomes das nosas rúas sempre tiveron vocacion de danzarinas. 


O 11 de febreiro de 1926, a nosa cidade rendiu unha emotiva homenaxe a Dna Angela Santamarina Alducín, como símbolo de gratitude  pola desinteresada laboura en pro dos pobres, e da infancia desvalida, que se concretou, nun acto público ao que se adscribiron a totalidade de sociedades béneficas e os máis relevantes persoeiros de Auria. 
             Trás os discursos do Alcalde Bobillo, e, o Gobernador Muñoz Delgado, impúxoselle a Gran Cruz da Orde Civil da Beneficencia con distintivo Branco. No mesmo acto fíxoselle  entrega á mentada dona dun libro forrado por Loewe con pel de Rusia, contido nunha caixa roxa de damasco, con debuxos de Jesús Soria. 
            Un día despois, o 12 de febrero de 1926, a Comisión Permanente do Concello de Ourense, acorda por o nome de “Avenida de Angela Santamarina” ao traxecto que vai dende a rúa do Progreso ao lugar onde se atopan o Museo, Igrexa e Asilo para orfos de obreiros pobres que a Marquesa da Atalaya Bermeja levantou e mantivo (hoxe rúa Ervedelo). Este feito nunca se produce,  pero o pobo soubo compensar, polo menos en parte, o agrabio pasando a denominar de xeito expontáneo como “da Caridade” a outra rúa  que circunda o complexo, e, delimitao pola parte dereita, que, dende xuño de 1982 coñecemos por Vila Real polo irmanamento de esta cidade portuguesa con Ourense.

            A “rúa da Caridade”, xurdiu  da iniciativa popular. O  pobo recoñeceu a valía de Dna. Angelita Varela, quen dende a súa privilexada posición económica tentou axudar aos que menos tiñan e máis precisaban.

17/2/12

No Entroido "Pelis"


Nas portas do entroido, roubeille esta fotografia o meu amigo Pelis, como podedes ver e dun concerto da tristemente falecida  Amy Winehouse, celebrado no  Cafe Latino do noso Ourense, son cousas da maxia de don Carnal. (os trompetistas son tamén persoeiros respetables da vila).

Personaxes do carnaval Ourensano, xa teñen aparecido no blog, Marcial Feijoo e O Trangallan, son dos mais recoñecidos; pero podo asegurarvos que son e foron moitos mais. A pesar de que a maior parte destes "festeiros", se oculten detrás do disfrace en busca dun hipotético anonimato, a súa simpatía e alegría contaxiosa fan que todos os recoñezamos, e gocemos con eles destes días de esmorga.
Hoxe visita o blog, un dos mais veteranos nestas lides, creo que só os dous citados anteriormente, e o entrañable Paco Anduriña (Muguerza), o avantaxan en veteranía; trátase dun home, serio, calado, tímido, apoucado, cortado, en fín, unha piltrafilla; con estes datos creo que non seriades capaces de recoñecelo, xa que sabedes que é todo o contrario. O que realmente é, é un bo amigo, Pelis.

Iste ano vas ter que taparte un pouco, que vai moito bris.

16/2/12

Novos datos pro Arquivo

Salesianos tercer curso de bachillerato* 1960.
Ojala todas as fotografías do Arquivo visual Ourensán, estivesen tan documentadas como esta, que o amigo Florentino Moretón nos facilitou. Xa non é só que nos confirme a data, se non que nos facilita mesmo o motivo polo que se obtivo a instantánea.
Manca que descoñeza o nome do fotógrafo, aínda que me parece que posiblemente fose un profesor, ou mesmo algún compañeiro afeccionado á fotografía.
Esta é a ficha desta fotografía que podedes ver na exposición "Naqueles Vellos pupitres" que o Arquivo visual Ourensán A.v.O. ofrécevos no Museo Municipal durante estes días.

Descrición. Fotografía escolar Salesianos
Ano1960 (Marzo)
FotógrafoDescoñecido
PropietarioDon Florentino Moreton
Información relacionada:   De Esquerda a dereita
De pe na tarima, Alfonso e Carlos Villalba.
No medio: Florentino Moreton, M. Ángel Acevedo, xxx, Luis Pérez de Juan, Bernardino Alonso, Juan Bello Fernández.
Sentados: Benito ?, Aristides Fonseca, xxx, Alberto José Román y Manolo Saco
Recuerda Florentino, porque otros compañeros no posaron para la fotografía y estaban sentados en sus pupitres.   ... El curso nuestro que era tercero B, quedo en primer lugar en la recaudación para el Domund. Se hicieron la foto, pero faltabamos los que por ser del coro (Cantores de Viena), nos la perdimos. Entonces esta foto seria la facción cantores, (y algún advenedizo) que no estaban el día de la foto oficial.


Polos datos que nos aporta, supoño que o debuxo da pizarra, representa a un misionero co seu Salakov dando as grazas os rapaces polo seu traballo recaudatorio.


*En marzo de 1960, os alumnos de 3º de bacharelato, (mais ou menos corresponderíase con 1º de E.S.O., ou iso creo, con tanto cambio xa perdinme).

15/2/12

Ourense no 1868

Para non vos saturar de fotografías escolares, e que teñades un pouco de distracción, móstrovos hoxe un recorte doutra xoia que caeu nas miñas mans estes días.
Trátase como vedes doutro plano da cidade, neste caso falamos do ano 1868; non é o mais antigo, porque tedes por aí, outro de 1850, pero creo que ten suficientes elementos de interese, como para que lle dediquedes un bo anaco de estudo.
Como vos dicía ao principio, e a xeito de distracción, vos propoño que busquedes elementos orixinais que figuran no plano, e aínda que aparentemente todos coñecemos a nosa cidade, vos aseguro que aínda vos pode sorprender.
A xeito de exemplo, buscade a recentemente aparecida rúa Esperanza; intentade localizar o casarón de don Juan Igneson que impedía o acceso ao Paseo; ou o Hospicio de Mulleres de Isabel II que daba nomee a rúa, hoxe coñecida por Concordia.
Pero o mais sorprendente, polo menos para o meu, é ver a cantidade de terras de cultivo que tenia o centro da cidade, imaxinarvos hoxe en día esas leiras sen construír.

14/2/12

Colexio Leon XIII no Museo


Estou a recibir estes días unha boa cantidade de correos electrónicos, que demostran o interese que tedes pola exposición do museo; a parte de felicitacións, que sempre se agradecen, estou a recibir tamén suxestións para facer máis interesante a exposición.
A que máis aparece nos vosos correos electrónicos, e en comentarios que me fixestes persoalmente, é a da necesidade de achegar polo menos as datas das fotografías. Hei de admitir que estou de acordo totalmente convosco, pero varias razóns son as que fixeron que non apareza ese dato, "nin de momento" ningún outro.
Desgraciadamente moitas das imaxes que mostramos na exposición, carecen "polo de agora" dunha ficha identificativa como seria desexable; o cal faría que unhas tivesen información, e outras non. Por outro lado, cremos que seria interesante, que vos involucredes vós tamén na identificación das fotografías.
Pra facelo posible, a partires de mañá as fotografías estarán numeradas, para facilitar a súa identificación, e poderedes achegarnos os datos dos que dispoñades.
Como exemplo, estes son os datos que temos da fotografía histórica que vos mostro hoxe:

Descrición. Fotografía escolar do Colexio León XIII
Ano: Curso 1901-02
Fotógrafo: Don José Pacheco
Propietario: Dona Conchita Calvo
Información relacionada:
Do colexio león XIII, coñecemos varias situacións na cidade ao longo do tempo; naceu na rúa Santo Domingo; como dicía na prensa da época, baixo a advocación de San Luis Gonzaga. Posteriormente como confirma o anuncio publicitario que apareceu na revista Bela Auria de 1903, se traslado á Praza Maior numero 5, xa co nome de León XIII. Finalmente, e posiblemente sen relación, aparece un internado na rúa Padre Feijoo numero 13, en fronte do Instituto, co nome de Núñez de Couto en 1933.
Como profesores, sabemos da presenza do catedrático do instituto Joaquín Núñez de Couto, o seu director, e pola fotografía que vos mostramos, podemos asegurar a presenza de don Luis Fernandez Perez, (Luis Xesta). (na dereita cun baston na man, e preto dun sacerdote; pensamos que o señor colocada por baixo, poidera ser Don Joaquin Nuñez de Couto). Ainda sen confirmar poderia estar tamen Don Amador Villar Amor. (seria o señor que ten o sombreiro pousado na pedra na esquerda da imaxen

Déixovos aquí uns datos que hai tempo me facilitou a amiga Rosa Cid Galante, nos que podedes ver bibliografía relacionada.


" ... Dos primeiros está o colexio León XIII, antes co nome de Luís Gonzaga, que estaba situado na rúa de Santo Domingo e ofrecía internado. Este colexio estaba dirixido por Xoaquín Núñez de Couto, profesor do instituto[1].


[1] O centro Luís Gonzaga transformaríase posteriormente no Colexio de León XIII funcionando como colexio de primaria e secundaria e co internado. Nel poderían estar matriculados os alumnos tanto en ensinanza oficial como non oficial. Vid.: VARCÁRCEL, Marcos, A cidade da xeración Nós, Ourense, Caixa Galicia, 1995, pp. 49-50, CID FERNÁNDEZ, X.M., Escola, Democracia e República... Op.cit., pp. 206-208;  BENSO CALVO, Carmen, “Los inicios de la crisis del bachillerato...Op.cit, pp. 138-139."

13/2/12

A virxe da Merced. (Fernando Valcarcel)

Entre as entradas que o amigo Fernando Valcarcel, esta a enviarme estes días pra axudarme a manter o blog mais activo do que eu poderia, chegoume esta, que trata un tema polo de agora non tocado no blog; e algo pra mín de moito interese. Non sei se lembrades que fai uns meses, faleivos da escaseza de datos que tiña de Don Arturo Perez Serantes, cousa extrana, maxime sabendo que como conta Fernando ocupou postos relevantes na cidade.
 Eiqui vos deixo os datos que nos aporta Fernando, a quen lle dou as grazas pola sua impagable colaboración, (boo a ver se o Candido a lo menos paga algún café).

A Virxe da Merced ou Nosa Señora das Mercedes, é a patroa das institucións penitenciarias. A festividade celébrase cada 24 de setembro.

Por orde ministerial do repetido 24 de setembro de 1942, organízase o “Padroado Central de Nosa Sra. da Merced para a redención de penas polo traballo”, pouco despois crearíanse as Delegacións Locais. En Ourense, Arturo Pérez Serantes, quen foi Presidente da Deputación de Ourense, preidirá a Delegación. Este curioso persoeiro, aglutinará un gran número de cargos, así, presidirá o Clube Tenis, o Comité da Liberdade Condicional, foi “vicepresidente da Liga de amigos” e, Deputado en Cortes.

A Delegación Local, que, tivo como segredario a D. Francisco Fernández Polanco, tiña a función de tutelar ás familias dos reclusos, e, a de auxiliar a aqueles que saían de prisión, redimida a pena, ou, en liberdade condicional.
Os reclusos traballadores recibían unha retribución por día traballado, ademáis de un día de abono de redenciónda pena.
A orde de preferencia dos traballos establecíase en igualdade de condicións, por razón de menor condea dos reclusos, excluíndose de tal beneficio aqueles penados polo “Tribunal para a represión da Masonería e o Comunismo”, os que tenaran a fuga, con ou sen éxito, os reincidentes, e, os condeados por delitos de “acaparamento” e ocultación de mercadorías, e, elevación abusiva de prezos.

O Padroado atendía os gastos dos fillos/as dos reclusos nos colexios e albergues. co fin de procurarlles educación, instrucción, alimentación e vestido. Era un modo de reinsertar na sociedade aos privados de liberdade ao tempo que posibilitaba que as familias dos reclusos non pagaran unha pena que non lle correspondía.

10/2/12

A Canella da Sinagoga (Fernando Valcarcel)


Vai facer tres anos, que falamos no blog desta pequena e esquecida rua do centro da nosa Auria, esta vez e o amigo Fernando Valcarcel quen nos facilita datos contrastados sobre a historia desta rúa.

No século XV, os xudeos poboaron a rúa Nova (entorno de Lamas Carvajal), froito dos acordos adoptados en 1480, nas cortes de Toledo, constituíndose así unha xudería en Ourense, e dicir, un barrio exclusivo para xudeos, de tal xeito que moitos moradores cristiáns tiveron que desaloxar as súas casas para dar cumprimento a ese mandato de separación de xudeos e cristiáns. Na xudería ubicabase a sinagoga que era una pequeña construcción que contaba na sua parte posterior cun pozo e un forno. 
Chamábase “canella da sinagoga” ao paso que media entre a Igrexa de Santa Eufemia do Centro e a casa dos Marqueses e Valladares (Liceo). Estivo aberta durante moito tempo, según acredita Adrio Menéndez no seu “Del Ourense Antiguo” publicado 1935 (non esquezamos que o autor relata no texto, a vida dun Ourense de finais do século XIX, na maior parte das veces), que paso a reproducir textualmente: “…, fue, no ha muchos años, una vía de relativa utilidad y movimiento.
“Por razones que desconocemos, seguramente atendibles, se cerró al servicio público, originándose, no pequeñas protestas del vecindario”.
No ano 1894, o Concello solicítalle á Marquesa de Valladares, Joaquina Montenegro a cesión para servicio público por ser unha canella sen saida e un depósito de inmundicias, sen éxito. A resposta foi negativa, amparada en Dereito, xa que, os marqueses de Valladares eran os propietarios e decidiron pechala ao tránsito.
Catro anos despois, a citada dona solicitada permiso para edificar unha tenda en dita canella, proxecto que non fructifica. 

O exposto nestas liñas, dá resposta aos interrogantes abertos por D. José Adrio Menéndez sobre o peche da canella. Comprácenos tenderlle unha man ao maestro que tantos datos nos achegou dun fermosísimo Ourense en branco e negro.

9/2/12

Unha das Xoias da exposición


Entre as maravillas que se poden disfrutar na exposicion que hoxe inauguramos no Museo as oito da tarde, recomendovos que non esquezades botarlle unha ollada a este excepcional documento historico.

Mais dunha vez xa presumin de poder contar con el nos arquivos do AvO, pero e que non e pra menos.
Tratase dos alumnos e mestres, que formaban a clase de literatura do Instituto Tecnico de Ourense, (hoxe Otero Pedrayo), no curso 1901-1902.
Imaxes semellantes xa temos visto no blog, e en algunha publicacion; a orixinalidade nesta ocasion, ven pola entidade dos persoeiros, que aparecen nela.
Fixadevos quen e o mestre que aparece de pe, na porta do Pompeo; é o insigne dr. Don Marcelo Macias, pois pra completar o cadro historico, mirade quen esta sentado xustamente aos seus pes, cun sombreiriño; por si non sodes quen de recoñecelo, ese rapaciño co tempo deulle nome precisamente o Instituto no que nese ano 1901 posaba. Falamos de Don Ramon Otero Pedrayo.

Quero aproveitar para dar publicamente as grazas o neto doutro dos persoeiros que tamen forman parte da fotografia, o Mestre e militar, don Angel Martin Mouriño, a quen lle debemos a conservacion desta e a lo menos outras tres xoias que podedes disfrutar na exposición. Esta fotografia e propiedade de Don Antonio R. Martin. 

8/2/12

Naqueles vellos Pupitres


Non esquezades que mañá temos unha cita no museo Municipal, ás oito da tarde; aquí déixovos o convite oficial ao acto.

Aínda que espero poder facelo durante a presentación, por se se me esquece algún, vou aproveitar esta entrada, para darlles as grazas a todos os colaboradores.

Coa que esta caendo hoxe en día no tema económico, é impensable organizar calquera tipo de actividade cultural, dispoñendo doadamente dos fondos necesarios para realizala, os tempos en que os comisarios cobraban, os membros do A.v.O., coñécenos de oídas. O que non se pode é abandonar os proxectos; por experiencia propia sei que é moita a xente disposta a colaborar de forma altruísta e grazas a eles as cousas saen adiante. Na anterior exposición a idea era organizar todo co material propiedade dos membros da asociación: cámaras e fotos de Mazaira, xoias do pasado de Schreck, os tesouros de Augusto Pacheco, cadros de familia de Juan Valencia, obxectos de Pastor Fábrega, Norberto Tabares, Santiago Mosquera, Manolo Domínguez, Candido Ventim, NatalioCarrión, Fernando Valcarcel, Javi Torres, Amador Rego, en fin todos os integrantes da asociación A.v.O, tedes nalgunha entrada o nome de todos, e incluso o meu. Finalmente puidemos contar e estámoslle agradecidos, coa colaboración de Antigüedades o Desván, e por suposto a do amigo Arcadio de Monforte.
Esa experiencia demostrounos que se poden facer traballos, digamos "dignos", sen grandes desembolsos económicos. Nesta ocasión debido á temática da exposición, buscamos colaboración nos centros escolares, e temos que dicir que se nos abriron as portas en todos aos que tivemos tempo de acudir.
Instituto Otero Pedrayo, Maristas, Josefinas, Cisneros Salesianos, Seminario, non nos deron mais que facilidades, e se acaso non colaboraron mais, foi por un problema de tempo.
Creo que é de xustiza advertir que por falta de tempo e medios non se visitou a moitos centros escolares, e temos a firme convicción que de telo feito tamén contariamos coa súa colaboración.
A Todos moitas grazas, e esperamos que vos guste a exposición.

7/2/12

A Peza do mes. Febreiro 2012

Entre unhas cousas e outras, levo uns meses sen poder asistir á peza do mes do museo Arqueolóxico, esta vez non vou deixar que se me pase.
Aproveitando que a diario me obrigan a saír a pasear, (sigo pensando se non haberá tamén unha intención escura en tanto empeño nos meus paseos), e que a presentación corre a cargo da amiga Pilar Núñez; gozarei un anaco aprendendo algo desta figura de Santa Catarina.
Animadevos, e mañá mercores ás oito vémonos na sala de San Francisco;  felicidades por adiantado a Pilar.

6/2/12

O ensino na Delegación de Defensa



A semana pasada ao final foi escasa en entradas, "intentarei" durante esta, e para animar a inauguración que temos o xoves ás oito, realizar unha diaria, posiblemente curtas, pero mellor que nada, non????. Fixarvos nas comiñas do intentarei.

Precisamente relacionado coa exposición, ocorréuseme o titulo da entrada de hoxe; e é que o fermoso edificio que sobrevive heroicamente na rúa do paseo, e alberga actualmente a delegación de defensa; foi durante un longo período de tempo, un dos centros de ensino mais representativo da cidade. Da súa etapa Marista, xa falamos en varias ocasións, e no blog tedes unhas cantas imaxes, (e no museo outras cantas mais), pero hoxe a miña intención é ensinarvos este folleto que me presta Juan Valencia, doutro dos históricos de Auria, El colexio Concepción Areal.
En 1932, os irmáns Maristas abandonan a cidade, por diversas razóns, fundamentalmente o clima político que se vivía naqueles momentos, agravado por pequenos rozamentos de índole económico co cabido catedralicio. O caso é que quedan temporalmente baleiras as instalacións do edificio de Vicente Pérez, (xa sabedes que ese tramo do paseo naqueles tempos levo o nome do político liberal), descoñezo se tiveron algunha utilidade durante os tres anos seguintes, probablemente servise de apoio ao edificio contiguo que albergaba o circulo católico de obreiros, pero terei que confirmalo. O que se sabemos, e confirma este folleto que nos prestou Juan, é que o curso 36-37, o edificio volveu utilizarse para o seu labor educativo.
Chama a atención dentro do listado de mestres, a presenza dun antigo alumno marista, que xa percorrera eses corredores na súa nenez, e segundo parece regreso anos mais tarde como mestre, se trata de don Fernando Quiroga Palacios, o Cardenal Quiroga, de quen algún día faremos unha entrada no blog, algunha fotografía orixinal temos del.
Outros apelidos sobradamente coñecidos no ámbito da educación Ourensana, tamén aparecen nese listado, Leirós, Trincado, Armesto, etc.
Os colexios Cisneros e Concepción Areal, teñen unha longa historia de actividade e fusións que un día espero que algún dos nosos fantásticos investigadores nos desvele.


2/2/12

Tcol. Bernardez Dorado

Cun día de atraso pero vos compensarei con dúas entradas seguidas.
Antes de nada, pedir desculpas aos que me deixastes fotografías para escanear nestes últimos días, pero entre a limitación do uso do computador, e a prioridade que lle tivemos que dar á exposición do día nove. (Por se algún aínda non o sabe, o nove de Febreiro, inauguramos a segunda exposición do A.v.O. "Naqueles vellos Pupitres"); teño o escaneado un pouco atrasado, por iso pido perdón e paciencia.

Pero vaiamos á entrada de hoxe.

Dous amigos, Alberto V. e Antonio G. (póñoo así porque teño que preguntarlles se prefiren pasar inadvertidos ou non), interviñeron para que chegase ás miñas mans esta fotografía.
Descoñezo se pertence a unha publicación de prensa, ou se Antonio posúe o orixinal, tería a súa lóxica, o caso é que como moitos de vós identificariades, trátase da rúa de Cervantes* (pido desculpas polo erro que tiven poñendo rua Villar, que moitos de vos me correxichedes, grazas.), e ao fondo vese a zona de soportais, da rúa da Barreira.
 Sabendo a localización, teriamos que preguntarnos, que fai tanta xente paseando por esa rúa?, (algún seguro que jocosamente imaxina algún tipo de oferta comercial, aínda que mellor non profundar nesa tese, e perdon pola broma.), por fortuna neste caso resulta sinxelo datar o evento.

Durante a campaña de África a finais de 1911, O Tenente Coronel Antonio Bernárdez Dorado, pertencente ao rexemento de Ceriñola, baixo as ordes do Xeneral Carrasco. Segundo contan as crónicas perdeu heroicamente a vida mentres facía fronte aos sublevados, nas beiras do Kert.

Nun Ourense, expectante ante os acontecementos políticos na península, a noticia causo gran consternación, e rapidamente xurdiron voces, reclamando o traslado á súa terra ao finado, ofrecéndose a poboación a sufragar os gastos do traslado.

Non puiden constatar se finalmente produciuse o traslado, o que se está comprobado e a fotografía así o demostra, é que se lle rendeu unha homenaxe ao Tte. Coronel, e dedicouselle unha fermosa placa que aínda hoxe permanece na mesma localización. E aquí podedes ver. 

A pesar de que quisen sacar unha fotografia a placa orixinal, ten mais calidade esta que atopei nun fantastico traballo: "Placas conmemorativas Orensanas" de dona Mª Rosa Casado Nieto, publicado na revista Porta da Aira
Hai outro detalle que me falta por aclarar, e é o porqué na placa cítase Bos Aires, e coincidentemente no recorte da fotografía que me envían os meus amigos, tamén aparece B. Aires. Se tedes algún dato, xa sabedes gustaríame coñecelo.