“Pola longa lonxania
vou camiñando sen présa.
Na noite escura está acesa
unha luz que anúncia ó dia.”
Celso Emilio Ferreiro
vou camiñando sen présa.
Na noite escura está acesa
unha luz que anúncia ó dia.”
Celso Emilio Ferreiro
A morriña, non se explica, síntese. As veces o orgullo de veciño crece expontáneamente fora da nosa cidade, e, é alén da terra cando sentimos a chamada da ourensanía.
As dúas ciudades distaban pouco máis de 100 km, pero a verdade é que naquel tempo as distancias, sendo as mesmas eran maiores, polas deficientes comunicacións
O 12 de agosto de 1953 constituése o “Centro Orensano”, en Vigo. A xunta directiva estaba conformada da seguinte maneira:
Presidente: D. Julián Zarauza Andina, colexiado de honra do Colexio de Economístas de Pontevedra e expresidente da Xunta do Porto Vigo.
Vicepresidente: D. Camilo Ferro Miguez
Segredario: D. José Brasa Calvo
Tesoureiro: D. David Pérez Puga
Vogales: D. Celso Emilio Ferreiro
D. Antonio Cid Rodríguez
D. Luis Lorenzo Mateos
D. José Rodríguez de Juan
D. Alberto Guitián Rodríguez
D. José Ramón Pérez Rodríguez
Sen ánimo de profundizar nos currículos dos membros, dicir que, a todos eles lles vencellaba unha fonda vinculación coa cidade das Burgas. A sede do Centro estaba no número 28 da Rúa García Barbón.
Non sei se foi froito dunha casualidade que fora a rua adicada a Don José, a elexida pra albergar o centro Ourensán, pero dende logo que era a millor opción. Non en balde Garcia Barbon era un ourensán de Verin que decidiu rematar os seus dias na cidade de Vigo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Le agradeceria que en vez de dejar aqui su comentario, me envie un mail al correo del blog ourensenotempo@hotmail.com.
De ese modo podria contestarle.
Gracias