O importante da cita residía no aspecto lúdico e festivo do encontro, pero tamén no negocio que este xeraba, porque como versa o refrán “non hai feira mala, o que un perde, outro gana”.
Temos que remontarnos ao século XV para situar na praza do Campo (actual praza Maior) a feira de “San Martín” coincidindo co festexo relixioso do patrono da cidade de Ourense. A peculiar inclinación do recinto favorecía a saída das augas residuais, por non existir o saneamento necesario. Por ela pasaban comerciantes de toda condición e orixe.
Xa dende o s. XVIII se recólle a celebración de feira o fía 7 de cada mes, data que hoxe se mantén.
En 1880, acordase a realización dunha feira anual de gandos os 15, 16 e 17 de agosto coincidiendo coa festividade de San Roque.”, e, en 1891, suprimiráse a que ata entón se celebraba os 10,11 e 12 de maio pola pobre acollida que tivera.
En 1894, inclúese o día 21 no celendario feiral, froito do empeño da Cámara de Comercio e Industria, presidida por Francisco Villanueva Lombardero, co fin de impulsar a actividade comercial. Esta data coincidirá con outra feira celebrada no campo do Bellao, en Canedo, entrando así en frontal competencia ambos acontecementos.
O 15 de abril de 1902, apróbase a celebración dunha feira anual os luns, martes e mércores anteriores ao Corpus Christi.
O 22 de marzo de 1904 decide mudarse o lugar de celebración da feira para adicar Campo de San Lázaro a zona de ocio e/ou esparcemento. Discutiranse varios lugares para ubicar o “novo” campo da feira: “o Campo dos Remedios,” As Lagoas”, ”O Posío” e “O Polvorín”, pero, finalmente tras moitas discusións, continuará no Campo de San Lázaro ata novembro de 1923, cando será trasladada ó campo dos Remedios.
Este baile de localizacións obedeceu a intereses económicos. A feira, era un lugar de intercambios onde se movían grandes cantidades de diñeiro, e, a mesma, acudía xente de toda a provincia para mercar.
O emprazamento no Campo de San Lázaro favorecía á burguesía mercantil que tiña os negocios nas rúas máis céntricas da capital, por outra banda, a ubicación nos Remedios, zona próxima ao Concello de Canedo, non agradaba a estes, que, auguraban con esta medida, un descenso das súas vendas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Le agradeceria que en vez de dejar aqui su comentario, me envie un mail al correo del blog ourensenotempo@hotmail.com.
De ese modo podria contestarle.
Gracias