Páginas

2/12/11

Ana Iglesias no Outono Fotografico


Non todo pode ser fotografía antiga; ao final como me gusta pensar o pasado é imprescindible para vivir o presente, e procurarnos un futuro.

O presente en fotografía Ourensana, por fortuna goza dunha magnífica "saúde"; ao lado de fotógrafos profesionais de sobra coñecidos como, Schreck, Mazaira, Belay etc. de indubidable calidade; xorde un bo número de ourensanos que por divertimento foise introducindo na maxia da imaxe, e conseguiu alcanzar un sobresaínte nivel artístico.
Non teño a fortuna de coñecer en profundidade o traballo de todos eles; de moitos só pequenos retallos, a maioría das veces durante o noso marabilloso Outono Fotográfico, (grazas Benito por ese regalo que nos fixeches, e aos teus continuadores, que souberon coller esa difícil relevo).
Non obstante unha desas namoradas da fotografía amiga dende hai moito tempo, (para que vos fagades unha idea, ten fotos da miña etapa en Carmelitas, alá polos sesenta), permitiume seguir de preto o seu traballo.
Fálovos de Ana Iglesias, quen xunto a Jorge Cacharrón, (outro grande artista da imaxe), mostrannós durante este Outono a súa obra na Casa da Xuventude, dende o día sete de decembro.
Asegúrovos que non vos vai defraudar, gozaredes de imaxes de gran beleza, obtidas cunha sensibilidade especial. Esa sensibilidade que só o verdadeiro artista é capaz de plasmar na súa obra.
A risco de recibir unha reprimenda, voume atrever a mostrar unha das súas fotografías, posiblemente non sexa a mellor, pero a min cautívoume dende que a vin por primeira vez.
Grazas Ana e Jorge por permitirnos gozar do voso traballo
Lembrade dende o 7 do Nadal na Casa da Xuventude

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Le agradeceria que en vez de dejar aqui su comentario, me envie un mail al correo del blog ourensenotempo@hotmail.com.
De ese modo podria contestarle.
Gracias