Páginas

3/11/11

O barrio do Couto

Nestes días que non ando (como case sempre) moi sobrado de tempo, vou aproveitar, para ensinarvos algunha das xoias que nos últimos tempos estou a recibir, e creo que vos gustase vervos tamén.
Hoxe déixovos esta da procesión de Fátima, que eu sitúo de primeira intención, nos anos setenta, ou finais dos sesenta en canto o tempo, e no lugar excusase decir que e a rúa Ervedelo diante do Santo Anxo, e o antiguo Malingre.
A procesión parece ser que daquelas se realizaba de día, supoño que permitiría máis afluencia de mozos e nenos, pero persoalmente creo que a procesión nocturna é máis espectacular; e os nenos poden vir igual un día é un día, e a xente vai en familia.
O fotógrafo ou neste caso fotógrafa, era a sucesora dun dos profesionais de barrio, Covelo; que en calquera momento aparecerá cunha pequena mostra do seu traballo polo blog.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Le agradeceria que en vez de dejar aqui su comentario, me envie un mail al correo del blog ourensenotempo@hotmail.com.
De ese modo podria contestarle.
Gracias