O CERRAMENTO DA ALAMEDA (Texto Fernando Valcarcel)
En 1904 proxéctase o cerramento do lugar, esta actuación supón unha continuación ao encargo realizado en 1898 polo Concello de Ourense ao arquitecto D. Manuel Vázquez Martínez (que era así como asinaba os seus traballos D.Daniel Vázquez-Gulías por aquela época), para organizar a anteriormente coñecida por “Horta do Concello”, que, dende entón, pasará a denominarsa “Alameda”.
O cerramento consistía nun banco corrido de pedra sobre o que descansa unha barandilla de fundición que remata nos seus extremos por grandes xarróns, produto da industria de D. Manuel Malingre Ludeña, ao igual que, os ornamentos do veciño palco de música modernista con extructura de kiosco que sustituiu ao anterior construido en madeira.
Na actualidade sobrevive boa parte do cerramento da parte baixa da “Alameda” ourensana. Co desmantelamento do da parte superior, produciráse de xetito involuntario un irmanamento con Xinzo, xa que, parte do mesmo foi trasladado ata alí, onde delimita o perímetro da súa praza maior.
Arquivo visual Ourensán fondo Salgado López
Propiedade Salgado López
Fotografo. afecionado ano 1956
Texto Fernando Valcarcel
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Le agradeceria que en vez de dejar aqui su comentario, me envie un mail al correo del blog ourensenotempo@hotmail.com.
De ese modo podria contestarle.
Gracias