Páginas

23/11/11

Facendo Historia

A historia faise día a día, o problema é que en ocasións nos mostramos inxustos con ela, ao non lle dar ao momento presente o valor merecido.

Outro dos meus perogruyos, aínda que creo que o ides entender doadamente; o luns tiven a fortuna de asistir a un acto discreto, sinxelo, pero cun gran contido. Atraído pola presentación dun novo exemplar da revista Diversarum Rerum que coordina o profesor Don Miguel Ángel González García, encontreime na sala de cultura do Liceo, cunha decoración que non me esperaba.

Unha colección de bosquexos a carbón, e ou lapis de cor maioritariamente, escoltaban unha espectacular obra ao oleo, que pola súa forma facía pensar nun destino concreto.

E así é, en datas próximas esa obra de arte, pasase a embelecer aínda máis se cabe a capela do Santo Cristo da nosa Catedral. Dos datos técnicos, artísticos e demais detalles que rodean o evento, deixo que se encarguen os profesionais.

Permitídeme que eu me limite a dar as grazas, aos que fixeron posible esta realidade. En primeiro lugar ao grupo de amigos da catedral de Ourense, e a don Miguel Ángel por propoñer a idea; ao autor da obra Manuel Vidal que desenvolveu un traballo espectacular digno do marco ao que vai destinado; e por último ao que foi o meu mestre do instituto don Serafín Marques, (Deán da Catedral), quen coa súa xenerosidade exerceu de mecenas para que o proxecto chegase a bo termo.

Inscripcion no oleo.
Se queredes ver de preto a obra tedes que bulirvos; estes días está na sala de cultura do Liceo, pero o día once do Nadal tera que ser retirada pra comezar os traballos precisos para levala o seu emprazamento definitivo.








No hay comentarios:

Publicar un comentario

Le agradeceria que en vez de dejar aqui su comentario, me envie un mail al correo del blog ourensenotempo@hotmail.com.
De ese modo podria contestarle.
Gracias