A técnica xa é vella, pero segue sendo a máis efectiva. Cando non sabes algo, o mellor é preguntar.
Entre as fotografías que as irmás da congregación do Divino Mestre, deixáronme, figuran unhas cantas de (para min) moi difícil identificación. Son todas de zonas rurais, posiblemente próximas á cidade, pero nas que por desaparecer o elemento principal, como supoño que é o caso desta ponte que vos mostro na fotografía, logo de intentalo, teño que admitir a miña incapacidade para identificalo, e recorrer á vosa colaboración.
Os datos que eu teño, son única e simplemente, os da autoría da fotografía que corresponde ao recentemente falecido, Don José Rodríguez Bouzo Foto Foplas, e aproximadamente a data en que se obtivo, que debe roldar polos anos setenta.
Por comparación con outras fotografías, cheguei a pensar se podería ser algunha das pontes que cruzaban o Barbaña, pero fixándonos na contorna, iso queda inmediatamente descartado.
Á espera das vosas colaboracións, só recomendarvos que vos fixedes na sinxeleza da construción, a urxencia por solucionar o paso, primaba sobre calquera outra consideración, desde logo as medidas de seguridade non eran precisamente as máis idóneas, non vos parece?.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Le agradeceria que en vez de dejar aqui su comentario, me envie un mail al correo del blog ourensenotempo@hotmail.com.
De ese modo podria contestarle.
Gracias