Xa andaba polo blog o amigo Pepin, pero durante a exposición a sua dona Olga animouse a deixarnos mais fotografías deste deportista ourensán. Recupero parte dos datos que na outra entrada din de Pepín.
" Ourense non deixa de ser unha pequena cidade, en canto a número de habitantes, iso xa de seu é un hándicap, sobre todo no mundo do deporte, o feito de que alguén sobresaia, sempre vai unido a un gran esforzo individual que supla as carencias, (de instalacións , axudas etc).
Jose Vicente Mendez Novoa (Pepín)
É un exemplo deste problema, dende os 15 anos a competido a gran nivel, Campión Galego varios anos, tanto en individual como en dobres (masculino e mixto), chego a ser seleccionado pola Escola Blume de Barcelona, onde se relaciono coas grandes figuras da época. Actualmente continua ligado ao Tenis como adestrador (Titulo de monitor nacional dende o 73), adestrou a figuras como Marta Alastrué, e traballa cunha canteira de posibles figuras da cidade."
Ainda volveres ver a Pepín por eiqui, xa que deixaronme unhas cantas fotografías, o final vou ter que cobrarlle pola publicidade.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Le agradeceria que en vez de dejar aqui su comentario, me envie un mail al correo del blog ourensenotempo@hotmail.com.
De ese modo podria contestarle.
Gracias