Páginas

6/9/11

El Mirto de Oro......


Antes de falar das novenas, que estes días temos duas das mais significativas da cidade e provincia, Os Remedios e Os Milagros, (canta falta fan tanto Remedios como Milagros estes días);  vouvos falar de temas mais distendidos, pra relaxar o testuz.
De paso pedirei a vosa colaboración, pra ver si e posible, dar a ubicación exacta deste centro de diversión que houbo na nosa cidade.
El Mirto de Oro

Rematando o ano 1892, abriuse na parte vella da cidade, un centro de diversión, orientado o entretemento das "Menegildas" e os seus pretendentes.
Pero recapitulemos; Ourense na segunda parte do século XIX viviu o nacemento de varias Sociedades, como foi o caso do Liceo, (a unica que conseguiu sobrevivir), e todas elas encamiñadas as reunions culturais e sociais das clases medio altas da cidade.  Eso daba cobertura e esparcemento a unha parte da poboación, pero deixaba cas ganas, e con ollos de envexa, a un dos gremios daquelas mais numerosos da cidade, o das "Menegildas", (utilizo ese termino, porque e o que atopei nos artigos de prensa que tocaban o tema), estas non eran outras que as doncellas, amas, damas de compañia, sirvientas etc como queirades chamarlles; hoxe persoal de servizo domestico.
O caso e que aproveitando o edificio que deixara baleiro o corpo dos Carabineros, na rúa da Porta da Aira, (descoñezo onde era con exactitude o edificio, pero todo leva a pensar que era o chalet que fai esquina ca Praza de San Cosme e a Rua Xullo Prieto), conseguiron que lles deixaran organizar alí os seus bailes e reunions. Ocurriu según parece, que entre as compoñentes do gremio, somentes se involucraron neses saraos, as mais noviñas, e coincidentemente as que menos cabeza tiñan, ou millor dito, cabeza tiñan, pero nelas soo navegaba unha idea fixa, cal era a de cazar o antes posible un "paxaro" que as retirara do servizo; así foi que se xuntaron como decia a miña avoa, "a fame e as ganas de comer". 
Elas cas suas mellores galas, con moitas ganas de diversión, e ca finalidade descrita, (da caza do pardillo), iban pasar alí as tardes dos sabados, ou domingos, según cal fora o día de libranza, e por alí avidos e coñecedores do "percal", aparecian os "paxaros", que mais que pardaos polo que contan, semellaban buitres, dispostos a comer todo o que se lles pusera por diante.
Resumindo e pra non esgotar o tema, que ten moita miga, o centro social ou clube El Mirto de Oro, tivo unha vida efimera, xa que as autoridades competentes viron que era un foco de problemas continuos, algunha situación simpatica ou mas ben comica se viviu, pero o habitual eran pelexas por celos, ou honores mancillados.
Pero como vos digo vouno deixar por hoxe. gustariame que si algun de vos sabéo ou pode averigualo me diga onde estiveron os Carabineros nesa rúa, e por tanto onde estaba El Mirto de Oro; e por último, botar unha ollada atenta, a fotografía de hoxe, e das do album de Augusto Guedes de Castro, e posiblemente el sexa o rapaz que se ve no fondo no medio da rúa, o problema e que ainda que pra mín e da rua Xullo Prieto (Reina Victoria, Porta da aira), non conseguin confirmalo o cen por cen. Opinade vos.

Intentei darlle un aire comico o tema, pero en ningún caso despreciativo, se algen non lle gusta o tono, pidolle disculpas de ante mán. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Le agradeceria que en vez de dejar aqui su comentario, me envie un mail al correo del blog ourensenotempo@hotmail.com.
De ese modo podria contestarle.
Gracias