Páginas

29/8/11

Personaxes da cidade

Fotografía do fondo Javier Torres
Na entrada do venres, comentábavos que unha posible exposición do Arquivo visual Ourensán, podería perfectamente versar sobre os personaxes da cidade.

Facela se ao final é posible, levara o seu tempo; e diante ten algún que outro proxecto. O certo é que facela entre un grupo pequeno de persoas, é complicado e laborioso, sobre todo no que respecta a consecución de fotografías, e o que é máis complexo de xeito habitual, documentalas.
En previsión de futuro, pensei en ir adiantando traballo, pero sempre que conte coa vosa axuda.

A idea é que entre todos vaiamos achegando datos, anécdotas e fotos os que as teñades, sobre estes personaxes. Desde o meu punto de vista, poderíanse incluír a todos os que dun xeito ou outra, foron coñecidos pola maior parte dos Ourensáns, ou o que é o mesmo "sentar á mesma mesa", a persoas como Don Ramón, Toniño, Álvarez de Novoa, Xan dá Cova, Arturo Noguerol, Fraín, Heraclio Pérez Placer, Paco Madrid, Cuevillas, Jaunsaras, Franchutit etc. Pero ata ese detalle necesitaría das vosas opinións.

Hoxe como exemplo, póñovos unha fotografía dun dos máis coñecidos, o gran Toniño, do cal aínda hoxe recórdase o famoso ¡Hala Marcial, chulo, valiente! (corrección do amigo Pastor Fabrega). e o seu paseo documentado gráficamente en Sidecar polo estadio do Couto conducido polo seu ídolo Marcial Feijoo.

Anécdotas deste tipo sería interesante recuperalas, así como identificar aos seus protagonistas; entre as fotografías do AvO, temos as de moitos deles, pero falta en moitos casos unha identificación fidedigna, O Cego, A Bruxa, Os Pandegos, O Peixe, Venturiña, etc. que coa vosa axuda é posible que puidesen conservarse na memoria popular.

Animarvos e dádeme as vosas opinións sobre idéaa vía mail.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Le agradeceria que en vez de dejar aqui su comentario, me envie un mail al correo del blog ourensenotempo@hotmail.com.
De ese modo podria contestarle.
Gracias