Páginas

27/8/11

OnT nos medios (Ourense por Barrios VI)

As rianxeiras na praza da Fonte dos Coiros (San Marcial) aprox. 1931
As Rianxeiras

As “Rianxeiras” cultivaban nas hortas próximas á capital leitugas, pementos, cebolas, tomates, ovos (que baixaban nos cestos entre pallas para evitar que escachasen), berzas, guisantes, ceboletas, zenouras, mazás, cereixas, pavías e outras froitas de tempada, patacas, repolo, xudías, tirabeques, flores,…, que venden no mercado. Ademaís algunas comerciaban con unto e licores, dos que incluso se privaban elas mesmas en tempos de necesidade.
O “Rianxo” portábase en cestos, bandexas e culeiros, que se pousaban sobre unha rolla colocada entre a cabeza da muller e o propio cesto. Saían dende lugares sitos no perímetro rural como Seixalvo, A Valenzá, Ceboliño, Mende, Zaín, San Cibrao, Cudeiro ou Reza,…, cara a Ourense de madrugada, e, a pe, ate a chegada do autobús urbano.
Algunhas “Rianxeiras” acudían a outras vilas para vender nas feiras no “carrito”, que agardaban na actual rúa Doutor Fleming
Elas constitúen o máis claro exemplo da muller galega, traballadora e nai, motor económico de tantas e tantas familias do rural, e poñen nome e apelido ao esforzo da muller.

Arquivo Visual Ourensan Colección Rellev
Fotografo: Supostamente J. Codina Torras
Texto Fernando Valcarcel.
Ano da foto: Circa 1931

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Le agradeceria que en vez de dejar aqui su comentario, me envie un mail al correo del blog ourensenotempo@hotmail.com.
De ese modo podria contestarle.
Gracias