Páginas

1/8/11

Joselín


Entre as miñas posesións máis prezadas, xa de antes de comezar a aventura de Ourense non Tempo, estaba o álbum incompleto de Ksado Estampas de Galicia.
E nel sempre me chamou a atención este cromo que hoxe vos mostro, como podedes ver o numero 7 da serie 40 provincia de Orense.
Froito das moitas lagoas que teño no coñecemento da historia da nosa cidade, e que nunha procura rápida pola rede, non atopei nada, que me axudase a identificar a este personaxe, deixara o tema para outro momento.
A casualidade fixo que nestes días e sen buscalo, caesen nas miñas mans datos sobre este singular personaxe, que me levan moi ao meu pesar, a corrixir ao mestre Ksado. Na súa descarga quero pensar que é posible que o seu erro puidese estar motivado, pola confusión de Joselín, co Ourensán Xullo Borrajo, (do que tedes no blog algunha entrada, e algunha máis abra en breve), dado que o seu estilo era moi similar, e ata a sua caracterización para as actuacións, gardaba certa similitude.
No excelente traballo do que aquí vos deixo a referencia, atopei a maior parte da información que teño deste personaxe.

Fernández da Cigoña Fraga, Salvador (2008). CRONICAS E ESTAMPAS DE BAIONA A REAL. Editorial Deputación de Pontevedra. Vigo. España

José Rodríguez de Vicente "Joselín" (Vigo 1895- Bos Aires 1958)

Logo de estudar en Vigo e Madrid, en 1916, viaxa o Uruguai, onde polo seu don de xentes, conseguiu traballo de xornalista no semanario Terra Galega, ao mesmo tempo, comezou a mostrar as súas habilidades teatrais, e creou o personaxe de Joselín, un galego de pobo, bonachón e de poucas letras, pero con moita sabedoría.
A súa forma de ser inqueda, lévolule a desempeñar ao longo da súa vida moitas ocupacións, entre as que cabe destacar a súa actividade política, por medio da cal ocupo a alcaldía de Bayona, entre 1927 e 1929, ao pouco do seu regreso de Sudamérica; posteriormente traballou en Salamanca como dono dunha oficina de turismo e en Madrid como xornalista do diario "La Nación".

Logo dalgunha incursión mais no mundo do teatro, (en 1932 estrea Terra Nai no García Barbón), trasladouse a Arxentina, onde continuou desempeñando labores de xornalista, pero nunca rompeu os lazos ca sua Galicia, á que volveu de visita en varias ocasións. E sempre se mantivo activo en canto a fomentar a unión e comodidade dos galegos emigrados, pra o que creou en Bos Aires o centro "Ayuntamiento de Bayona", posteriormente transformado en "Círculo Social Val Miñor".
Por todos os seus desvelos e traballos, en1955 foi premiado coa Cruz de Isabel A Católica

Como podedes ver a sua relación ca nosa provincia aparentemente non existiu, polo cal como indico arriba penso que don Luis Ksado poidera terse confundido de personaxe..

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Le agradeceria que en vez de dejar aqui su comentario, me envie un mail al correo del blog ourensenotempo@hotmail.com.
De ese modo podria contestarle.
Gracias