Páginas

4/7/11

Ourense no Tempo nos medios. (La Región XXIII)

Esta fotografía da Avenida das Caldas, xa sin a pequena ponte do ferrocarril que a cruzaba por riba, foi a primeira que nos deixou a filla do mestre Augusto Pacheco. Ester Guedes de Castro.
Tanto a ela como ao seu irmán Augusto (o meu vello mestre), reiterolle o meu agradecemento e o de todos os integrantes do Arquivo visual Ourensán, por compartir esas xoias que ainda atesora a familia.
A fotografía en sí, recolle unha escena habitual naqueles anos, (como podedes ler na propia imaxen pola anotación feita polo propio Augusto Pacheco data do 1960), de nenos tranquilamente xogando polo medio da rúa, sin medo o trafico, este era tan pouco, que a convivencia cos rapaces, levabase ben, Algunha colleja de cando en vez, pero non soia pasar deso. Claro que os tres da fotografía, eran uns privilexiados, (de non ser que o meu pai me enganara que todo pode ser), ver xuntas tres bicicletas daquelas non era o normal, o mais habitual era ver tres rapaces ollando como un disfrutaba da "bicicleta".
En canto a rúa, pouco se pode decir, algun dos edificios que se ven, ainda seguen en pe (algún totalmente remozado, e os outros a punto de caer), e a pesares de que outros caeron, o feito de ter limitadas as alturas, fai que non sexa moi radical a mudanza. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Le agradeceria que en vez de dejar aqui su comentario, me envie un mail al correo del blog ourensenotempo@hotmail.com.
De ese modo podria contestarle.
Gracias