Esta fotografía puidechela ollar na exposición Ourense un século de fotografía no Museo Municipal.
A entrada de hoxe, polo que me decides nos vosos mails, son das que mais vos gusta ver. Tratase do que poderiamos chamar, "Arquitectura perdida", edificios, elementos urbanos, estructuras, que co tempo foron mudando, e na maioria dos casos remataron por desaparecer.
Non estou capacitado, pra facer un estudio riguroso do tema, nin polo de agora teño tempo pra pensalo, así que ca idea de que alguén se anime a facelo (oido Don Candido), este de hoxe, poderia ser un dos edificios a estudar, e seguro que os datos precisos atoparanse con certa facilidad no Arquivo Municipal, e ou no Arquivo Historico, (en calquera dos dous teredes a magnifica colaboración do seu persoal).
Na rúa do Paseo, daquelas Vicente Perez, veu o mundo mais ou menos no ano 1908, un pequeno edificio dunha planta, cunha entrada retranqueada que deixaba lugar a facer un fermoso xardinciño, e unha estupenda finca na traseira. A sua principal caracteristica estetica era o adorno que tiña na sua fachada, na que campaban dous leons que debian estar enfadados un co outro, xa que dabanse as costas. Se
Foron os seus primeiros ocupantes, os ourensans que se achegaban o Circulo Catolico de Obreros, pra millorar a a sua formacion principalmente, e o padriño da casa e a institución, era o noso Bispado.
Os seus veciños, por un casual, foron os Irmans Maristas, que ocupaban o actual edificio da Delegación de Defensa; (edificio irman do noso protagonista, que tivo mais fortuna e ainda hoxe segue a envellecer entre nos).
A necesidad de espazo, fixo que o pequeno tivera que pegar un estirón e como e normal tamén creceu o ancho, (realmente cara atras), e así foi como nunha data que descoñezo, levantaronse os leons do sitio, aumentaronselle duas álturas, e de novo puseron no seu sitio os animaliños, foi un momento de gloria pra estes, xa que dende as alturas, tiñan unha vista moito millor da rúa, eso si, un cara a esquerda e outro a direita. (o seu irman do lado, que nacera con vocación de ter tres álturas, o final tivo que conformarse cas que ten hoxe, e viuse superado polo pequeno).
Logo viñeron os seus últimos anos entre nos, que os pasou, cunhas "muletas" que lle axudaron a sobrevivir a voraxine dos cambios da cidade.
Pero o seu final xa estaba cerca, e tivo que dar paso o monstruo que hoxe ocupa o seu lugar. Idesme disculpar que non poña a imaxen actual, pero e que esteticamente, non encaixa ben cas fotografías antigas, (non pensedes que existe outro motivo, sabedes que sou consciente que o progreso e necesario e leva aparellado estas perdas. A mais ese non e precisamente o peor dos edificios que temos nesa rúa).
Os datos de fechas, propietarios e ocupantes, como vos dixen penso que unha visita os arquivos da cidade, seria bastante pra conseguilos, así que algun que se anime, eu poño o blog a disposición dos que queiran profundizar neses temas.
Aproveito tamen pra dar as mais afectuosas grazas, a congregación do "Divino Maestro",nas persoas da Madre Maria Isaura, e a Irmán Rogelia, polo trato recibido, e a sua amabilidade o deixarme acceder o seu arquivo fotografico. A el pertenzen as duas fotografías que acompañan a do Arquivo Municipal.
Moitisimas grazas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Le agradeceria que en vez de dejar aqui su comentario, me envie un mail al correo del blog ourensenotempo@hotmail.com.
De ese modo podria contestarle.
Gracias