Falar do complexo arquitectonico do Santo Anxo, inexcusablemente, require facer unha mención especial, a esta magnifica xoia que atesora na sua capela.
Tratase posiblemente da obra cumbre do escultor Francisco Asorey, quen por encargo de dona Angela Santamarina, fixo o sepulcro destinado a gardar os restos da tia desta, dona Dolores Santamarina Valcarcel (1834- 1922).
O obra esta confecionada en mármore, e representa o momento da morte de dona Dolores, chama a atención o realismo do rostro da defunta e realmente o conxunto na sua totalidade e espectacular, representa a esta rodeada do noso señor que vela o seu sono, e moitas das personas agradecidas a sua caridade; data do ano 1923.
Esta na compaña doutros dous sepulcros que en proximos días vos mostrarei.
A fotografia e de Augusto Pacheco, e penso que forma parte dunha reportaxe fotografica que lle encargou a Marquesa de xeito persoal.
A nos deixounos Ester Pacheco, filla de Augusto, a placa de cristal orixinal. Comento esto, porque desa placa poderiase facer unha reproducción de moi boa calidade, que exposta nalgun lugar accesible, permitiria acercar a cidade unhos dos tesouros, que temos, na espera de facer as reformas das que se fala ultimamente; poderia ser unha solución temporal, ou non?.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Le agradeceria que en vez de dejar aqui su comentario, me envie un mail al correo del blog ourensenotempo@hotmail.com.
De ese modo podria contestarle.
Gracias