Páginas

24/6/11

Antonio Rey Soto

Continuando coa serie de entradas relativas a dona Angelita Varela, e o complexo arquitectónico do Santo Anxo; hoxe tócalle a quenda a este Ourensán, do que sinceramente non é sinxelo atopar moitos datos biográficos, a pesar da súa extensa e recoñecida produción.
 Terei que agregalo á listaxe que empeza a conformarse de grandes escritores descoñecidos de Ourense.  

.-Heraclio Pérez Placer
.-Francisco Álvarez de Novoa
.-Antonio Rey Soto
(Un pouco brusco o de descoñecidos, pero creo que non se lles fixo xustiza, na historia cultural da nosa cidade, sen entrar nas causas deste esquecemento, penso que persoais, a súa obra non debe continuar nesa case escuridade).


Antonio Rey Soto


Nado en Santa Cruz de Arrabaldo no pazo que tiña a sua familia en Ramiras, o 18 de febreiro de 1879. Logo de estudiar no Instituto ourensan, encamiñou os seus pasos pola vía relixiosa, ordenándose sacerdote no seminario de Ourense en 1901(filosofía e teoloxía), ampliando estudos en Santiago e Madrid.
Mantivo relación de amizade, con Basilio Álvarez o abade de Beiro, e con Castelao, a quen casou en 1912, (Castelao fixo del unha caricatura, na que pretende resaltar a xuventude deste erudito). Pero a relación persoal que nos interesa é a que mantén con Don Isidoro Temes Saenz, e a súa esposa dona Angelita Varela, dos cales foi confesor, (descoñezo a data do comezo desa relación, pero probablemente os poucos de ordearse sacerdote).
En 1903, escribe o seu poema O Mosteiro de San Esteban de Ribas de Sil, en 1905 Falenas (imprenta de Otero Ourense) e en 1907 O Pazo; estes poemas foron o comezo da súa carreira como escritor.
Colaborou coa gran maioría dos diarios que se editaban en Galicia durante os anos previos á guerra civil, e varios de ultramar. Como exemplo, citar cabeceiras como A Integridade (Tuy), O Eco de Orense, Tío Marcos dá Portela, La Voz Publica, Heraldo de Galicia (Ourense); e Vida Gallega entre as de Galicia, e Alborada, A Terra, e Irmandade, na diáspora.
En 1911 publica Nido de Áspides, e en 1917 O Vento e Nome-Numen aparcando aparentemente a súa produción de poesía. En narrativa, publica en 1915, Remansos de Paz, campos de guerra e La Loba (1918), fai incursións no teatro, escribindo Amor que vence al amor, e Cuento del Lar, (obras que creo que chegou a estrear en Madrid, co patrocinio de dona Angelita Varela).
En 1920 entra na Real Academia Galega, celebrando en Mondariz a finais de agosto dese ano, unha xornada literaria, na que compartiu honras con Don Ramón Cabanillas.
Seguiu coas súas colaboracións en prensa, e decidiu intentar unha nova aventura; en 1922 coa produtora Celta Films, (de Higinio Troncoso, co que estaban asociados o propio Rey Soto, os exhibidores Antonio Mendez Laserna e Carlos Reguenga, e o empresario madrileño Ernesto Gonzalez), colabora na película galega Viaje a traves de Galicia y Asturias de cine mudo y posteriormente en Maruxa, dirección de Henry Vorins; segundo a ficha técnica da película don Antonio encargouse dos rótulos?. Debeu gustarlle a experiencia e xa ese mesmo ano elabora o guion de Paisajes de España; e o ano 1926 estrea a pelicula Carmiña flor de Galicia, da que foi guionista (a direccción foi de Rino Lupo).
Continua a escribir e viaxar, desta época e unha das obras cuasi ineditas de Rey Soto, La Copa de Cuasia (1928), do que segun parece soó chegaron a publicarse 15 exemplares. Antes do comezo da guerra civil, decide exiliarse, e logo dun paso por Cuba, remata en Guatemala, onde ocupa a Catedra de Literatura Hispanica da Universidade Nacional. Alí escribiria  Los surcos de España, Los gallegos en Guatemala y Estampas Guatemaltecas.
Retorna a España, xa ca intención de quedarse, e decide instalarse en Ourense, onde conta co apoio e amizade de dona Angelita (viuva dende o 28 de maio do 1918), continuou ampliando a sua producción literaria, incluso con traballos de investigacíón de gran importancia, Galicia en el tricentenario de Lope de Vega y Galicia venera y venero de España.
Dicese que don Antonio fora quen convencera a dona Angelita de construir o complexo do Santo Anxo, a fin de que servira de panteon pra ela e os seus seres queridos, e o mismo tempo de centro cultural da cidade. A sua biblioteca particular, houbera sido a base dese centro, xunto ca colección de pinturas e vaixelas que tiña dona Angelita. 
A colección bibliografica persoal de don Antonio, estaba formada por unha gran cantidade de exemplares de gran valor (algúns incunables), así como una magnifica colección de prensa ourensa da época, (penso que e a unica colección que ten a colección do periodico "El Derecho" de Ourense).
Morreu en Madrid en febrero do 1966.

 O caso e que a colección que durante anos foi facendo este gran bibliofilo, e que o seu destino loxico seria a nosa cidade, esta hoxe no Mosteiro de Poio. As causas son diversas, e pode que polemicas, e o xeito de levalo a cabo, extrano; incluso se comenta que logo tiña cambiado de idea; pero o unico que importa e que o seu dono foi a decisión que tomou. E as obras alo menos estan en Galicia.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Le agradeceria que en vez de dejar aqui su comentario, me envie un mail al correo del blog ourensenotempo@hotmail.com.
De ese modo podria contestarle.
Gracias