Turismos do ano 1926
Supoño que andaredes todos o mismo que eu, preocupados, pola situación economica que estamos a pasar, e o que queda por pasar. Por se non o sabedes, recordovolo eu, neste blog, non esta permitido facer comentarios que se podan interpretar en tono politico.
Respetando a norma, pero aproveitando que esta en boca de todo o mundo o tema dos limites de velocidade. Gustariame ver si existe a posibilidade, de que xa que non vai importar a velocidade dos automobiles, non seria posible rescatar o estilo dos chamados "Vellos cacharros"; entendo que co limite a 120 Km/h, estes sean un estorbo nas carreteras, pero si baixamos un pouquiño mais o limite, (se a 110, forramos 300000......€, se o deixamos en 55, forraremos 600000....), con esas velocidades xa non haberia ningún problema por ir en caravana, un Hispano Suiza, cun Lamborghini. Recoñezo que posiblemnente estes fermosos cacharros non son precisamente austeros no consumo, pero esteticamente non digades que nos seria unha maravilla, e sempre queda a opción de adaptarlle, un motor dos modernos, ou non?
Por si e factible a idea, a maiores das fotografias que nos deixou o Sr. Pacheco, (non poño nome, porque ultimamente teño moitas dubidas a hora de atribuirlle a autoria a Don José, ou o seu fillo Augusto, neste caso eu diria que son de Augusto, pero o selo di Don José). Deixovos este video que atopei no YouTube. Penso que vos vai entreter todo, pero gustariame que prestarades atención, a unha parte que esta no min. 1,05, ten o titulo de "The Motor Car designed for the women"; pra mín espectacular.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Le agradeceria que en vez de dejar aqui su comentario, me envie un mail al correo del blog ourensenotempo@hotmail.com.
De ese modo podria contestarle.
Gracias