Sinceramente, non sei como podo dar as grazas, a todos pola acollida e o ben que me encontrei rodeado de todos vos. Teño que admitir que me sentín abrumado pola vosa xenerosidade, e comprensión. A todos os que me honrastes ca voxa presencia, grazas de corazón. Pero tamén de corazón llo agradezo a todolos que non poideron asistir, sei que non e sinxelo compaxinar a obligación ca devoción; ainda así sei que o intentachedes, e estabades pra mín, todos no meu corazón. Eso si, supoño que sufrindo apreturas, xa que os nervios eran moitos, e se son sincero unhas horas despois, ainda continuo a notar un certo nerviosismo.
Non quero aburriros, polo cal limitareime a repetilo.
Grazas a todos co corazón.
E logo do agradecemento, falta outro detalle; pedir perdón, o mismo tempo que rogarvos que sexades benevolos, cos multiples e inxustificables erros que de seguro ides atopar no libro. Froito todos eles da miña inexperiencia. Se por algúnha improbable circunstancia volvo meterme nunha aventura como esta, prometo prestarlle mais atención o traballo, antes de envialo a imprenta.
Perdón
Ca axuda dos amigos do Arquivo visual Ourensán, intentarei recompensaros ca seguinte oportunidade que nos teñen brindado.
Seguindo ca intención de darvos a coñecer os profesionais que honraron a cidade co seu traballo, e permiten que podamos botar unha ollada o pasado, o Arquivo visual Ourensán, a partires do 6 de Abril, no Museo Municipal (rúa Lepanto), ofrecevos a exposición.
"Ourense, un século de fotografía."
O Arquivo visual Ourensán agradecevos xa de antemán a vosa visita.
Os proximos días o blog estara dedicado a esta exposición.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Le agradeceria que en vez de dejar aqui su comentario, me envie un mail al correo del blog ourensenotempo@hotmail.com.
De ese modo podria contestarle.
Gracias