Desde o día 12 de Marzo do ano 2008, que decidín iniciar este blog. Moitas son as fotografías que vos levo mostrado, caseque 2000, nun total de 1070 entradas; pero eso non son mais que números, o importante e o que me fai continuar, e a cantidade de novos amigos, que grazas o blog, teño feito neste tempo.
A lista seria moi larga, e seguro que algún se me esqueze, así que doulle as grazas a todos, pola sua colaboración, xenerosidade e amabilidade.
Como agasallo pra vos neste aniversario, ensinovos as últimas fotografías que recibin froito desa xenerosidade, algunha desde o meu punto de vista, unha autentica xoia. Non pola sua calidade, que a teñen, pero eu nunca me atreverei a valorar eses aspectos das miñas fotografías, deixo esa parcela pra os autenticos profesionais. Se non pola sua rareza, e antigüidade.
Estas duas son un exemplo, das que pensadesque non interesan debido o seu estado, e precisamente son das que mais interesa conservar, xa que de non facelo remataran por desaparecer, e ainda que non o pareza aportan información pra historia da fotografía na nosa cidade. Pra que vos fagades unha idea, o grupo familiar que tedes a dereita, e unha das poucas fotografías que temos dos primeiros anos de José Samaniego en Ourense.
Esta e una das millores fotografías de Minutero que poidemos localizar. E do amigo Arcadio de Monforte de Lemos, e ten o valor engadido de que a fixo o seu pai.
Esta e unha das que lle gustan os amigos de Carrileiros, e supoño que xa a teran, si no e así que mo digan, polo que me di quen ma presta, tratase das probas de seguridad do viaducto Ourensán, sendo así, o edificio que se ve o fondo, seria o vello hospital das Lagoas.
Esta e, ainda ue non o pareza, a xoia das que vos mostro hoxe; tratase do reverso dunha fotografía feita por García, Carlos Santos García, posiblemente o primeiro ourensan que se dedicou a fotografia de xeito profesional, e o amigo Manuel Dominguez tivo a amabilidade de deixarma, (falaremos estes días desta e outras xoias semellantes).
"Ourense,un século de fotografías"
Pero ese e un tema do que falaremos durante esta proxima seman.
Grazas de novo a todos vos que sodes os que permitides que poda facer iste blog,
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Le agradeceria que en vez de dejar aqui su comentario, me envie un mail al correo del blog ourensenotempo@hotmail.com.
De ese modo podria contestarle.
Gracias