"Romasanta"
A entrada de hoxe, que continua as dedicadas o centenario dos Salesianos na cidade, e un agasallo do amigo Secundino, quen a pesares de contar cun enlace no lateral do blog (os seus fantasticos blog, e seica anda argallando un novo), ofreceume amablemente a oportunidade de utilizar algunha das suas imaxes no meu.
Voume limitar a poñervosos enlaces directos a zona do seu blog, onde se poden ver os datos das magnificas fotografías que nel podedes atopar, (conta tamén ca amable colaboración, dos Salesianos, que lle permitiron acceder o seu arquivo, o cal tamén e de agradecer).
Neste enlace tedes unha pequena biografía dun alumno do colexio, que conseguiu facerse un oco no complicado mundo do futbol nacional, (que eu saiba non pasa dos dez o numero de Ourensans que o conseguiron, Miguel Angel, Cortes, Rodolfo, Modesto, etc), Jose Luis Suarez Conde, "Romasanta" Preme eiqui. Xa postos, tedes tamén a de Cortes, neste outro enlace Preme eiqui
E por último tedes eiqui unha fantastica selección de fotografias do arquivo dos Salesianos, Preme eiqui, das que escollín esta, dunha procesión do ano 56 presidida polo Bispo Don Angel Temiño Saenz, na que podedes ver o que era a casa da Xefatura Provincial do Movemento na rúa Curros Enriquez (que xa apareceu noutra ocasion no blog), e o seu carón o bar Retiro, por se non sodes quen de ubicalo, hoxe neses solares levantase o edificio do Banco Pastor na esquina do San Lazaro.
Pero realmente o motivo de escoller esta imaxen, e que entereime esoutro día, grazas o amigo Pastor Fabrega (do Arquivo visual Ourensán), de que as estatuas que estaban no xardín dese chaleciño que antes de ser da Xefatura, era a residencia do doutor Gil Torre, ainda se poden ver hoxe na entrada do Xardín maternal no barrio do Couto.
Estou empezando a pensar que o fin e o cabo non e tan malo o tema de que as nosas fontes, estatuas e incluso pontes sean viaxeiros, alo menos escapan da desaparición a cambio de mudar a sua ubicación. (por desgraza non todas, por exemplo algunha farola, e algunha fonte, non correron a misma sorte).
De todolos xeitos, recomendovos que naveguedes un rato pola web de Secundino, esta chea de xoias que de seguro vanvos gustar.
De todolos xeitos, recomendovos que naveguedes un rato pola web de Secundino, esta chea de xoias que de seguro vanvos gustar.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Le agradeceria que en vez de dejar aqui su comentario, me envie un mail al correo del blog ourensenotempo@hotmail.com.
De ese modo podria contestarle.
Gracias