Con duas semanas de retraso, pero o fin falovos deste fermoso libro de fotografias.
O libro podese considerar o catalogo da exposición Tui Olladas dunha época, que ca colaboración da Xunta de Galicia, Museo do Pobo Galego e o Centro Galego de Artes e Imaxe, presentouse en Santiago de compostela en decembro do 2009, e meses despois en Tui.
A exposición, tiña como objetivos, conmemorar a Exposición de Galicia do 1909, e o mismo tempo, lembrar a figura dun dos millores coleccionistas de arte galegos, o avogado Tudense, Don Ricardo Blanco Cicerón Nuñez. Pero non me quero repetir, e de Don Ricardo xa vos falei fai moi pouquiño, podedelo ollar facendo clic eiqui .
Hoxe quero aproveitar este maravilloso catalogo, pra comenzar a adiantarvos algún dato ao redor dun libro que en pouco tempo (cun pouco de fortuna a mediados de Marzo), terei o honor de presentarvos xunto cos amigos do Arquivo Visual Ourensán.
Sin entrar en profundidades; a historia da fotografía en Galicia, penso que si alguen quere facela, tera que ter moito coidado, de non errar, o atribuirlle ubicación a moitos destes profesionais.
Explicome, no fondo Blanco Ciceron, como moi ben nos dín Maria Reis Camiña, Belén Saenz-Chas e Fernando Acuña, autores do texto, conviven fotografías, por exemplo de Gervasio Alonso Montenegro, iste profesional, podovos decir que perfectamente pode figurar na lista dos artistas que traballaron na zona de Vigo, e Pontevedra; pero perfectamente pode aparecer tamén no listado dos que traballaron en Ourense; sen embargo, na maioria das investigacions, falase case que soo, do seu traballo na rexion Andaluza, onde chegou a ter gran sona en Xerez. Semellante e o caso de Pedro Varela Ulla, (autor da magnifica imaxen, que se presenta na portada do libro), a quen podemos ubicar tanto en Lugo, como en Ourense, ou Tui, e finalmente asentase na cidade de Valladolid.
A causa e ben sinxela, nos comezos da fotografía, a maioria dos profesionais, tiñan que desplazarse dunha cidade ou vila a outra, a fin de poder vivir do seu traballo, a economia de finais do século XIX, non permitia que fora masiva a afluencia a os estudios fotograficos, polo cal eran eles os que collian os bartulos e buscaban os clientes.
Temos datos desa costume xa ata comezos do século XX, e así como un profesional da talla de Don José Gil, no 1904, ainda seguia con ese sistema de traballo. Certo e que se sabe de estudos estables con anterioridade, no caso de Ourense, dende o 1881, pero sempre con moitas dubidas, a hora de facer afirmacions, debido a esa mobilidade.
Deixareino por hoxe, pero seguiremos co tema mais polo miudo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Le agradeceria que en vez de dejar aqui su comentario, me envie un mail al correo del blog ourensenotempo@hotmail.com.
De ese modo podria contestarle.
Gracias