Páginas

8/2/11

O Paseo

Como podedes comprobar no lateral do blog, esta entrada, fai o número 100, na sección de rúas.
Por iso e a modo de celebración, móstrovos esta fotografía, creo que pouco coñecida, da nosa rúa do Paseo.
Desde que se lle mercou a don Juan Igneson, a súa casa, e posteriormente o enxeñeiro Sr. Trompeta, deseño o trazado desta rúa, aos poucos foi gañando en importancia, ata converterse sen dúbidas, na rúa máis transitada da cidade.
Calquera forasteiro que visite a cidade, o máis posible, é que pasee polas súas beirarrúas nos tempos en que estaba aberta ao tráfico, e polo medio da rúa, desde que se converteu en peonil.
O paseo foi e en gran medida segue séndoo, (en dura e desigual competencia coas grandes superficies e centros comerciais), o mellor escaparate da cidade. Escaparate en todos os sentidos, non só o comercial, senón tamén no social; houbo un tempo, en que os mozos viraban unha e outra vez, rúa arriba rúa abaixo, en sentido contrario, para que o "azar" fixese que se visen en cada xiro, e puidesen educada e respetuosamente saudarse; as parellas xa estables, sentaban nas terrazas das cafeterías diseminadas ao longo da rúa, "El Moderno", "La Bilbaína", "La Ibense", "El Miño", etc., para saudar ás súas amizades, (e de paso comentar o modelito que levaban); os centros de diversión alí estaban establecidos, o Pinacho, O Salón Apolo, O Teatro Losada, O Auria, etc., todas as artes tiñan cabida nas súas beirarrúas.
Unha rúa moitas vivencias, iso é a rúa do Paseo en Ourense.

Se rebuscades no blog, poderedes atopar imaxes de varias épocas, pero iso si tede en conta que o nome sufriu variacións, e que non sempre se considero unha soa rúa; homenaxeo en diferentes épocas a dúas persoas ao mesmo tempo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Le agradeceria que en vez de dejar aqui su comentario, me envie un mail al correo del blog ourensenotempo@hotmail.com.
De ese modo podria contestarle.
Gracias