Páginas

27/1/11

Ourense in illo tempore (Manuel Outeiriño)

Despois de moito tempo agardando por unha colaboración pra o blog, do amigo Manuel, por fin chegou, e ainda por riba quedamos en que non ia ser a unica.
Xa sei que el non o vai recoñecer, pero e a verdade, no de escribir, non oso facerlle sequera sombra, pero el sabe que noutros campos, non me da o nivel, "sempre me quedara o futbolín".
Grazas Manolo. 
"Nesta imaxe aérea, vemos o Miño, libre aínda da dictadura estética dos comisionistas. Calquera das tres pontes, mesmo a do tren, sobriamente funcional, son máis fremosas que as que logo lle botaron por riba ó río. Ata chegar o culmen da que chamaron “ponte do milenio” que, pretendendo exhibir tensores de arquitectura funcionalista, quere dicir, amosando un aquel de sobriedade técnica, adubiouse cunha pasarela innecesaria, cun ornato que é contradictio in terminis. Amais, os banzos dese pendello son altísimos e fan tan difícil subir coma baixar por alí. Esa ponte, de gasto desmesurado, foi o culmen da dictadura estética do comisionista. Foi algo así como participar da estética trangalleira da Expo 92 con case una década de retraso. Porén, dez anos non son tempo ningún para os comisionistas. A chamada ponte do milenio tivo repercusión na estética municipal, deu pé o primeiro cartel das festas apaisado e, amais, feito por una axencia de publicidade e non por un artista. Ourense entrou no milenio perdendo a verticalidade estética, someténdose como é de rigor, cando goberna que goberna, á subsunción real, e non xa formal, da estética no capital. Sobre isto o noso vello Fredric Jameson no libro The Cultural Turn (1998), no ensaio Culture and the Finance Capital.


Ourense,sí, ó pé do Miño, é nesta foto una morea de liñas e manchas difícil de estruturar. Faime pensar nunha das célebres reflexións de Rudolf Arnheim sobre a fotografía, a titulada “A melancolía sen forma”, que debe andar polos Ensaios sobre a psicoloxía da arte ou, de non ser así, polos novos ensaios sobre a psicoloxía da arte.

Alén de non podernos deslindar nesta vista as distintas parroquias da cidade, quere dicir, alén da melancolía sen forma, está o poder do conxunto, o poder de representa-lo todo nesta cidade de ausentes e emigrantes. Esta tráeme á cabeza as palabras finais da Nota sobre a dialéctica de Herbert Marcuse, que podedes ler en galego no número 34 d´A trabe de Ouro, onde se di que “o todo é o real, e o todo é falso”. Efectivamente o todo desta vista é real, mais tamén falso como ha comprobar calquera que se poña a buscar o xardín dou pousío ou o vello instituto. Excusado é dicir que lle debo á Ourense o non desentenderme da idea do todo, como fan os especialistas eses que en Oxford son quen de escribir una tese sobre os xenitais das pulgas femias, como nos indicou hai pouco Terry Eagleton nun seu libro que lle mangou o título a unha película: "o sentido da vida". Aquí era onde tiñamos que chegar: esta vista aérea representa para min gran parte do sentido da vida."

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Le agradeceria que en vez de dejar aqui su comentario, me envie un mail al correo del blog ourensenotempo@hotmail.com.
De ese modo podria contestarle.
Gracias