Conseguiu o amigo Lisardo Mazaira, que don Pablo Gonzalez, deixaralle unhas vellas fotografías, e entre elas viña esta.
Fai unhos aniños, cando eu era un neno, o circo visitaba de xeito habitual a nosa cidade, O Mundial, O Americano, e outro que me impactou, que non sei se lembraredes, "Sorcar" o circo maxico da India, do gran mago Protul Chandra Sorcar, (ainda teño na memoria un numero cunhos tigres, e a sua xarra de auga, que botaba auga de maneira continua toda a función sen chegar a quedar baleira), pero deixarei pra outro día e cando atope algunha imaxen, falar do entrañable e espectacular mundo do circo.
A maiores do circo, teño dous recordos na cabeza de este tipo de actuacions, que siguen ahí como se foran imaxes recentes, unha penso que xa falamos dela, e foi a visita da gran Pinito del Oro, que facia os seus equilibrios no trapecio, o ritmo da canción de Sandie Shaw, "Puppet on a string", non sei como se traduce, pero pra nos era Moneca de farrapos (Muñeca de trapo). O outro, e a visita desta familia de funambulistas italianos, que a lo menos en duas ocasions viñeron mostrar o seu fabulos espectaculo; nunha ocasion, na Alameda, e a outra, a cal corresponde a fotografía, na Praza Maior. Eran os ultimos anos 60, comezos dos 70, e daquelas soo podiamos ver cousas semellantes de cando en vez na primeira das duas cadenas de TV, que tiñamos.
O ruxido daquela motocicleta, no alto da corda, e a falta de rede, facian que o público vivira un momento de tensión, que no meu caso quedou grabado ata hoxe, despois facian carreiras pola corda, como se estiveran pola rúa do Paseo, sen darlle importancia, pero xa non era tan espectacular; co paso dos anos, entereime, que realmente o complicado eran os paseos ca pertiga, xa que a moto levaba uns contrapesos que facilitaban a sua estabilidade (de feito o patriarca da familia seica faleceu nunha caida de sesenta metros mentras facia unha pasada pola corda), pero pra mín que era un neno o da moto era o millor.
Teño que enterarme, se continuan os descendentes traballando no espectaculo, pero sexa como fora, doulle un aplauso polos bos momentos que pasei vendo a suas peripecias. Gracias Bordini.
Xa estaba a entrada feita, e tiven un oco, pra buscar datos na rede. Non sei se hoxe ainda traballan, atopei datos das suas actuacion ata o ano 2006, co cal e posible que ainda sigan traballando; o que si atopei, foi a informacion do desgraciado accidente que sufriron no Barco de Valdeorras na sua actuación o ano 1981. Daquelas tres dos integrantes da troupe, caeron do cable facendo o numero da motocicleta, e eu que pensaba que era o mais seguro dos que facian. Queda claro que se xogaban a vida por gañar uns cartos, e darnos o seu publico unhas emocions, que nalgun caso ainda estan vivas na memoria. Por certo, non cobraban entrada, o publico daballes a voluntade.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Le agradeceria que en vez de dejar aqui su comentario, me envie un mail al correo del blog ourensenotempo@hotmail.com.
De ese modo podria contestarle.
Gracias