O pasado fin de semana, fáleivos da revista "La Ilustración Española y Americana" e da revista "Blanco y negro". Nun dos casos cite esta publicación "El Museo Universal". Pero só de pasada. Creo que en xustiza tamén terei que presentala no blog. A pesar de non contar con datos que avalen a posible participación de conveciños nosos, nela, o feito de ser a precursora destas outras publicacións, é motivo máis que suficiente.
O 15 de xaneiro de 1857, na imprenta de Gaspar e Roig de Madrid (Príncipe 4), comeza a publicación de iste "periódico de ciencias, literatura, artes, industria y conocimientos útiles...", como rezaba na súa cabeceira. Foi o seu director, nos primeiros anos, don Nemesio Fernández Cuesta, (1857-1864), o editor era Don José Gaspar, home de amplísima cultura e con gran inquietude pola arte; o impresor era o seu amigo Fernando Roig.
A lista de debuxantes, e escritores, foi moi extensa, citaremos entre os primeiros, a Ortego, Daniel Urrabieta e Capuz, e entre os escritores: Fernández Cuesta, Pedro Antonio de Alarcón, Emilio Castelar, José Zorrilla, Gustavo Adolfo Bécquer etc., (case que...).
Realmente a revista, non desapareceu no 1869, senón que foi adquirida por don Abelardo de Carlos, e transfórmoa na "Ilustración Española y Americana"
Faltaría outra entrada, que falase da que verdadeiramente foi a primeira revista ilustrada, "La ilustración" (1849-1857), pero será outro día.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Le agradeceria que en vez de dejar aqui su comentario, me envie un mail al correo del blog ourensenotempo@hotmail.com.
De ese modo podria contestarle.
Gracias