Idesme permitir que por primeira vez no blog, unha entrada saia duas veces, sen ter nada novo.
Pero penso que hoxe en día conseguir que un libro se reedite non e sinxelo, e si ainda encima quen o logra e un socio do Arquivo visual Ourensán, loxicamente conta co apoio incondicional deste blog. Por elo, hoxe e o día 22 esta sera a entrada; pra que non digades que non o sabiades.
O libro xa o poiden disfrutar, pero e que non se me malinterprete, foi cun exemplar prestado; a propiedade ainda non a conseguin, (a ver si nesta edición teño mais sorte, mal sera....).
O amigo David, reedicions aparte, ten xa uns cantos traballos circulando por ahí, e dende o meu humilde punto de vista, hoxe e o millor especialista en historia medica da nosa Provincia, (na outra profesión penso que tamén o e, - e medico psiquiatra- pero non ven o caso).
Recomendovos que vaiades a presentación deste libro, que vai pagar a pena, ademais seica ten entre mans algún proxecto mais, e verse acompañado o día 23 pode ser o empurrón definitivo pra que se poña na tarefa de rematalo.
Por certo o libro de "Locura, medicina y sociedad: Ourense (1875-1975)”, tamén da sua autoria, non o dou atopado nas librerias tampouco, asi es que o millor, tamén merece unha reedición, despois decimas que a xente lee pouco, e resulta que non son poucas as obras que non e sinxelo atopar.
Tedes mais información e articulos do doutor David Simón, no seu blog Diario de un medico de guardia
Felicidades David.
Eu non poderei estar, teño que ir a capital do reino, buscar un paquetiño (ten que voltar a casa polo Nadal), pero se dira chegado non dubides que paserei polo Liceo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Le agradeceria que en vez de dejar aqui su comentario, me envie un mail al correo del blog ourensenotempo@hotmail.com.
De ese modo podria contestarle.
Gracias