Páginas

6/12/10

Los Chicos

Andan estes días os amigos de publicacions da Deputación, dandolle os últimos toques a un libro, que non vou desvelar de que vai, (a verdade e que non o sei tampouco moi ben). Cando teña datos non dubidedes que volos darei.
Pra aportar o meu grao de area, eu lembrolle que esta tarxeta publicitaria esta en poder do Arquivo Historico Provincial de Ourense, e poidera  ser útil pra complemetar datos desa publicación.
Polo que eu sei, este comercio de prestixio na cidade, estaba na esquina do Paseo cos xardins do Padre Feijoo, onde hoxe estan os "Almacenes Barros"; na planta de arriba, estaba "La casa de la novia", propiedade tamén da mesma empresa matriz, Almacens Simeón, ainda que este outro comercio, seica tamén tivo outra ubicación na rúa da Paz 5.
A pesar da brevedade das entradas destes días, contovos un detalle que me comentou o amigo Pastor Fabrega, e a miña mala memoria situa neste negocio, (se me trabuco Pastor sabe que acepto de bo grao as correccions). O caso, e que según parece neste negocio habia un empregado, cunha forza nas mans, fora do normal; din que era capaz de suxetando unha moeda na mán, e apoiando un cravo nela pra non mancarse, atizando un manotazo, enriba do mostrador, cravaba a punta case que ata o final. Aí queda iso. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Le agradeceria que en vez de dejar aqui su comentario, me envie un mail al correo del blog ourensenotempo@hotmail.com.
De ese modo podria contestarle.
Gracias